Seguiu vendo o parte do tempo,
non para informarse do estado do tránsito
nin da predición para os días que non se traballa.
O que quería era coñecer de verdade
o clima mais ao xeito para cada sazón.
E continuou consultando o almanaque
para saber cando había lúa nova
ou ver ata onde chegaba o crecente.
Coidaba que gañara o ceo
ao escoller un minguante
para se desarraigar da tradición urbana,
a época na que mellor prenden
os enxertos.
***
xoan carlos dominguez alberte
*
Renunciara a vivir nun andar
por baixo da lúa
da capital con vistas privilexiadas
á autoestrada do horizonte.
A intensidade da contemplación melloraba
coa ringleira de luces dos coches
cada fin de semana.
Nunca as podía admirar de todo.
Formaba parte dela mesma.
Cando lle naceu a filla decidiu marchar
e levantar casal na súa terra,
a rentes mesno do chan.
Seguiu vendo o parte do tempo,
non para informarse do tránsito
nin da predición para os días que non se traballa.
O que quería era coñecer de verdade
o clima máis ao xeito para cada sazón.
E continuou consultando o almanaque
para saber cando había lúa nova
ou ver ata onde chegaba o crecente.
Coidaba que gañara o ceo
ao escoller un minguante
para se desarraigar da tradición urbana,
a época na que mellor prenden
os enxertos.
***
xoán carlos dominguez alberte
escudeiros (ramirás), 1966
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas