I
(Primavera)
A libélula
ascende, desce, ascende
e desaparece.
II
(Verán)
A lúa no teu pelo.
-Non haberá xamais
outra noite como esta.
III
(Outono)
Caíu a folla...
Rubiu a sombra
ao corazón.
IV
(Inverno)
Gralla o corvo.
¿Tamén el
presinte a morte?.
***
xavier seoane
a coruña, 1954
*****************
resoa a pancadiña dun insecto na terra
un peixe vai boiando polo céu
os gatos son madeixas e enovelan-se
as denosiñas veneran a gorxa dos poetas
repousan no patacal escaravellos
os ratos soñan co paraíso dos celeiros
a mantis relixiosa elixe un amor bébedo
o siléncio emana siléncio entre as abellas
torpes tartarugas adiantan às lebres
paxaros descoñecidos e silentes
beben a pel
na sombra tecen morte altos morcegos
no corazón do mundo hai unha pomba quieta.
***
Xavier Seoane (1954)
A Corunha - Galiza
*************************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas