Miles de pensamentos
E amenceres densos
Fan enlouquecer a miña mente.
E a mergullan na divagación terreal,
Dunha mirada que clama
Polos teus bicos,
Somos presa e depredador,
Misturados e confundidos
Como tigres que roxen cada vez...
Máis feros,
E así...
Os días, os instintos e a carne,
dominan os nosos sentidos.
***
rosa martínez vilas
*
Quixera dicir tanto e non digo nada
Quixiera expresar verbas doces
Andoriñas bulideiras que saíran da minha boca
E non digo nada...
Quixera soltar a mapoula
Que pechada sobrevive
Ao cru inverno
E non digo nada...
Quixera dicir tanto e acabo...
Acabo amando en silencio
Un silencio que cheira a morto
Un silencio sepulcral
Quixera dicirche tanto
Pero acabo...
Acabo calando...
***
rosanegra
*
Poética matemática
ideas surrealistas antagónicas
vibracións ondulatorias e,
dramas de caixa de música…
Todas elas arrodéanme e coaccionan
formando un ser subliminar
desesperado na súa noite perpetua.
Atácanme palabras baleiras
que saen das gorxas
que se erguen como deuses
sentados na súa gran verdade.
É mellor crer na dúbida
na melancolía, divagación,
na soidade que é unha realidade…
Na limitación que non nos deixa coller
as uvas temperás da nosa vendima
nun amencer de moitos soles, que xiran.
E busco os meus soños como barcos
á deriva, sen tripulación nin capitán.
Só, outro barco pantasma
navegando sen máis.
***
rosanegra
*
Asoballada por miles de tumbas
De ananas brancas
As palabras coma puñais
Atravesan a miña capa celular
E sinto que son volátil e ínfima
Como unha bolboreta
a punto de expirar
Nesta transición crepuscular
***
rosanegra
armenteira (galiza), 1974
*****************************
Cando falla a filosofía
Busco os anacos torados,
Os cristais de cores
Nas cavernas soñados
E gardados para amalos,
E na gruta do esquecido
Cavilo sobre a molécula
Que ensancha e varía en algo
Sen nome.
Cando falla a filosofía
E penso tanto no senso
Da finalidade do universo
Das pingas de ciencia
Que crean a esperanza
E que esvaece en nada
Volta a envolverme
E a darme o todo
Ou algo, sen nome
Cando falla a filosofía
Decátome que o que falla
É a perspectiva.
***
Rosa Martínez Vilas - 1974
Armenteira - Galiza
**************************************
Os factores de callado
Do meu sangue son antagónicos
E debuxan molecularmente
A esencia, do meu eu
Biolóxico e funcional
Son atómica celular
Evolucionada nun longo proceso
Dunhga cadea infinitesimal
De dobre hélice
Son um millón de moléculas
Diferenciadas e especializadas
Que viven no espazo, tecido
Entre a forma líquida
E a fracción forme
Dun ser individual, que respira
Poesía, nunha combustión enerxética
Que me dá vida
***
rosanegra (Rosa Martínez Vilas) - 1974
Armenteira - Galiza
***********************************
Albisco a noite ao meu carón
Semella un neno xogando
Tirándome do pelo
Coma un fetichemáis
Na fiestra amarela
Reflicte a sombra fantasmal
Que ninguém coñece
Agás a soidade
O coche azul que está
Aparcado na miña memoria
Segue un proceso esperanzador
De loita e medos
A ave do ceo non sabe
O que adormece nas mentes
Duns bípedes monos
En evolución
****
Rosa Martínez Vilas
Armenteira (1974)
**********************************
A noite trae consigo o silencio
que sabe a cosmos
e ule a po de estrelas
é infindo e case mudo
pero o seu murmurio resoa
com miles de anos de passado
a luz que atravesa o manto sagrado
debuxa un coador de pintiñas escintilantes
que dan nome ao misterio do homo...
A noite trae consigo a soidade do ser
que translocen uns olls somnolentos
cara a unha ansiedade crecente
coma un saco negro
que agocha tras as xanelas
a triloxía dun mono
que quixo coñecer a esencia
escrita, nun universo
ateigado de interrogantes
***
Rosa Martinez Vilas (rosanegra) (1974)
Armenteira - Galiza
*********************************************
A noite traz consigo o silêncio
que sabe a cosmos
e cheira a pó de estrelas
é infinito e quase mudo
mas o seu murmúrio ressoa
com milhares de anos de passado
a luz que atravessa o manto sagrado
desenha um coador de pintinhas cintilantes
que dão nome ao mistério do homem...
A noite traz consigo a saudade do ser
que uns olhos sonolentos transluzem
face a uma ansiedade crescente
como um saco negro
que esconde atrás das janelas
a trilogia dum macaco
que quiz conhecer a essência
escrita, num universo
repleto de interrogações
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas