Hoxe estou en silencio xogando co pasado,
mentres vexo chegar andando a miña avó,
que aínda é tan pequena como eu a recordo
e segue alí no vello paseo Afonso XII.
Eran cen escaleiras as que nos separaban,
o mundo da cidade vencido de ruídos
e a praciña de pedra en que aínda hai un pozo
ou a casa pequena da indomable Manuela.
Recupero a memoria de Pepa silenciada
pola peste da gripe cando empezaba o século,
e o misterio da vida en garrafas de barro
e algodón por Gonzalo, que naceu a destempo.
Recupero a friaxe e o sal do mar na noite
e a chalana afogada na outra beira da ría,
á miña nai tirando carbón desde a bufarda
ou atada a unha silla de falar castellano.
E eu sinto que son hoxe tantas que entón me foron,
Saladina, Manueliña, Rosa ou tamén Pepa,
e a mesma Teresa que nos fala incansable
mentres o tempo vai rodando pola tarde.
***
marta dacosta
*
Un poema de sangue non se fai nun minuto,
coma guerra que estoupa, enxéndrase nos anos,
cada dorido golpe arrinca do granito
das nosas mans, as liñas que denuncian palabras.
Cada palabra un golpe e cada letra sangue,
cada paso na fronte un século de ira,
cada morte de home, esperanza prometida
con base no vento que lle levou a fala.
E estes os alicerces da débil poesía;
estes os cimentos en que non construímos nada;
para que estas vigas de pesados cadáveres,
para que ser fillos de guerras acabadas.
***
marta dacosta
vigo, 1966
*
Parece innecesario falar de amor, ás veces
e construír poemas de corpos derrubados,
de fume, de suor, de ventás apagadas,
de líquidos encontros e seguras derrotas.
Parece innecesario mais aínda transitan
folios e máis folios, e libros ademais.
Destrúen o silencio, de feble arquitectura,
dos que calando amamos con terca intensidade.
Parece innecesario falar de amor, ás veces,
para esquecer sen saña as bandeiras do odio
ou as bágoas humildes de quen non ten futuro
e nin pedir perdon por ignorar que somos.
MARTA DACOSTA (1966)
Vigo - Galiza
***************************************
Parece desnecessário falar de amor, às vezes
e construir poemas de corpos derrubados,
de fumo, de suor, de janelas apagadas,
de líquidos encontros e seguras derrotas.
Parece desnecessário mas ainda transitam
Páginas e mais páginas, e livros também.
Destroem o silêncio, de débil arquitectura,
dos que calando amamos com obstinada intensidade.
Parece desnecessário falar de amor, às vezes,
para esquecer sem ira as bandeiras do ódio
ou as lágrimas humildes de quem não tem futuro
e nem pedir perdão por ignorar quem somos.
[trad:cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas