A Xoán Ignacio Fonseca
Benquerido Antonio das Mortes: coñeces unha poesía
que fala dunha nai vestida de negro
a chorar sobre o cadáver dun fillo
que mataran na praza?
A ti regreso como sempre
para falarche dos estraños camiños
desta RENFE mortal,
desta autoestrada atlántica,
quintaesencia do mundo. E desta enorme insensatez
de vivir.
Hoxe
da nostalxia e da soidade, tan arcaicas,
pouco podo dicirche. Malia que Venus e o vento
levan brancas velas
hai un desenvolvemento excesivo do xénero
fantástico.
A nosa cultura bate o récord mundial de pluviosidade.
Os lóstregos locen entre estas serras
unha elegancia inusual.
Moitas xentes aceptan
mesturar a súa heroicidade
coa xigantesca mutación de todo valor enleado
á cousa zodiacal e relativa.
A historia é unha irrealidade, una partitura
onde con frecuencia cada instrumento
di o que quer.
O que un día foi feito e construído con coidados,
con carne, osos e fatigas, raposas e uvas,
queixos e corvos, bágoas e sangue
de persoas concretas e a concreta fe
- que deixara Eneas por memoria -
pola que cada un combateu, viviu
e morreu sen desenganos,
hoxe é un fondo apego á pel do medo.
Por que se nacen libres son cativos?
Chegamos á morte com medo á vida.
Na redoma de vidro cóllenos pola orella
a vella Parca
- sempre a roer no armario -
e oímonos morrer non con medo á morte
- tres veces lóxico e tan lexítimo -
senón con medo á vida.
A verdade, Antonio das Mortes, é que eu vou
como un meniño, cos afaceres dun reloxo,
e, cando menos, espero levar comigo
o timbre da voz dela
e a choiva que nos mollou en Celanova.
***
manuel vilanova
barbantes - ourense, 1944
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas