non che pedirei que non esquezas vida
afastaremos os nosos corpos de xeito natural
e seremos dous como nunca até agora o fomos
beixarei sen nostalxia a túa boca
só algo
ese peteiro florido co cheiriño acedo do leite
e deixarei que me esquezas como a unha rosa
lenta
posta a secar cara abaixo
pendurada dun fío
na vitrina silenciosa
só un adorno
***
maite dono
*
de cando me fixen vaca
e os montes flexíbeis daban neve quente para fornecer o
teu degoro
de cando zumegaba eu a luz dos montes en feixes
poderosos
e aquilo era un banquete de canaán místico
e cotián
de cando a prolactina me volvía ave
e eu tiña os ollos mansos mansos
profundamente domesticados de ti
amantes
e imantados
dous peregrinos sen nome na rota do leite
perdidos á teima no tramado das veas
na singradura do incesto
pois que esto é o que se ve
cando alguén olla o noso cadro de madona
e neno
***
maite dono
*
do neon do brado ao silencio
da esgazadura da carne a esta
sosegada
eu era en ti
coma un ventre en si mesmo
no que quixen estar afastando as linguas
bífidas do teu anxo
non din tempo a que nada agás nós
acontecera
amarelos e entregados á liturxia dun coñecemento
mutuo atroz
dende a dobre natureza na dourada fartura
das nosas nupcias
a travesía oceánica do alimento do meu corpo
ó teu
obreiras galactóxenas do amarelo amor
tetiñas de princesa na degorida boca
dun peixe
***
maite dono
gasteiz - país basco, 1969
*
a cidade núa doime doime forte na boca contra a palabra
brotan os verbos sangrando de querer dicer o que de querer
dicer
permanezo núa na cidade ao pé do amarelo da tormenta en punta
chovo unha tromba de agua de sal de lágrimas e boto raíces
brazos
e pernas terra adentro
tamén teño un corazón de terra e latexo ao tempo que latexan
arboredas enteiras en páxaros
en luz
a cidade núa doime corro a cortarme un pouco a vomitar as vísceras
das palabras ao tempo que sangran as liñas trazadas pola coitela
no meu corpo son libré nesa dor estática que só olla nesa dor
***
maite dono
(vitoria, 1969)
**********************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas