A man, esta man que te procura
debuxa o lento amañecer sobre o teu corpo,
a mesma man que onte á noite un a un
baixou os doces degraus da tua camisa,
descorreu a cortina do artifício,
puxo o tempo a brillar na tua pel
e no teu sexo, agora tan sereo.
A man, esta man, conten-no todo,
o balcón do teu dormir sobre o meu leito,
o teu soño de onte e de desexo
e a selva de mañá, a incógnita, a cegueira.
Ela fabrica o teu molde desde o saúdo
con que te vin perto de min por vez primeira,
co tacto doutros corpos e os seus buques
de adeuses, guerras, leviandades
xoguetes rotos de risas desafiadas
De ti recebe o gozo de mover-se, esta man,
artesá da matéria dunha vida
e tamén do vacio impreso en lume
con que te volverá a formar despois, no frio.
***
luisa villalta
*
(de algunha maneira)
E se o teu non fose máis que a luz do instinto
que te impulsionou a abrir a pel que herdache
e nacerte do mar
para dar forma ao asubío do vento
que traía consigo as túas voces anteriores
para poderes escoller entre as posíbeis
como unha raíña que se mira as uñas
e finalmente feliz decide o exílio miúdo
dunha existencia en carne de sentir
de tanto e tanto irse esfregando
contra a dura pedra da certeza do chan
coas súas fames e sexos e flores defecadas
mais co pracer arrasto envolto a nudez
na nudez dos corpos que procura?
(Enton)
Tras a primeira muda
crin verme no espello da televisión pasar como de lonxe
porque eran multitude e a metade dos rostos case o meu
Na observación deixei medrar en mim as formas suaves
e os cabelos longos
como os partos das naisque me deron criado
Imprevisivelmente a somnolencia e a humidade
cantaron a melodía nupcial
mentres as carnes bifurcábanse e abríanse
xemelgas en min mesma que me miraba pasar
como de lonxe
con un só vacio insomne onde era o ventre
un vacío que se enchía co que minguaba da lúa
e se menstruaba despois como un tributo
de cabezas degoladas
Do cansazo de que se me permetese bailar
até atinxir unicamente un trance secundario
insubmiuso en min quixen un fillo e penetrarme
(En consequencia)
Romper masculina a forza das espadas
a razón dando a razón, a lingua o lume
descoñecer cruel o ámbito da sombra
ser todo luz e inmortal sen sepultura
facer a guerra porque si e porque os outros
reter na man o ouro en cada rosa vencida
E cando chorase por cada cuarto de lúa
soñar un deus confidente e variábel
un deus sen alma como un reloxio parado
que me deixase pasar
na súa distracción
sen perguntarme
(E así)
Na encrucillada das rotas viñemos a encontrarnos
ti eras eu e eu viña de lonxe
para recoñecerte fóra da nimiedade do tempo
Os nosos ollos abriron fascinados as fauces
para que a vida no fose máis alá de onde o desexo
asestando o seu golpe mortal
Na cópula tragamos cada un o corpa da outra
e ficamos as dúas cabezas sen saber o que dicerse
Deste modo inventamos a conspiración do pensamento
que abriu as asas poderosas nun paréntese
entre as constelacións dos campos magnéticos
Aí escribo eu
sobre a pel seca dos corpos vacíos
detida a morte apenas na traxectoria do vóo
buscando pola transformación a luz primeira.
***
luísa villalta
a coruña, 1957 -2004
**************************
o ter vivido queda da explosión como un aroma.
Salta a risa e multiplícase por todo o corpo
cubríndonos de estrelas espantadas polo touro
minguante que se achega co segredo da morte.
Desunimos as mans ocupadas en perdernos.
Xa somos a distancia que non nos necesita
porque sabemos a flor que nos mira desde o olvido
***
luisa villalta
(coruña, 1957 - 2004)
**************************
Stabat mater dolorosa
o seu corpo tendido, moldeando o chan imenso, dando
forma aos camiños,
nos montes o rostro suavemente choroso, desfeito en água,
río ou mar constante,
dando vida a un pracer do que xa non tivese memória.
Pura extensión, a nai que nos leva da man das estrelas e
nos deixa no berce dun terror infinito.
Estaba, está, estará, se é posible imaginar a nosa
esperanza ,
xunto aos edificios moribundos, de onde penduran atroces
palabras, gallardetes de festa, imortais danzas nas que deuses
humanos se desangran para beber-se a si mesmos e blasfemar-se.
Coas mans e cos pés está a nai nas raíces nacidas da
rebelión dos humildes, mansedume estarrecedora rebentando
tambores.
Fermosa nas marusias do cabelo xa canso, nos seos
acendidos por amores ocultos, ainda a paixón titilante baixo as
xemas do cemento, nos ollares famintos, nos esgotos, nas luces
dos metais soñadores
tan só co poder que florece das vítimas, estaba
ao portón da xuxtiza que se abre á vinganza,
estará, continuará estando,
polos fillos dos fillos dos fillos,
presenciando unha morte: a do fillo que a mata.
A Coruña - Galiza
******************************++
Stabat mater dolorosa
o seu corpo tendido, moldando o chão imenso, dando
forma aos caminhos,
nos montes o rosto suavemente choroso, desfeito em água,
rio ou mar constante,
dando vida a um prazer do que já não tivesse memória.
Pura extensão, a mãe que nos leva pela mão das estrelas e
nos deixa no berço dum terror infinito.
Estava, está, estará, se é possível imaginar a nossa
esperança,
junto aos edifícios moribundos, de onde penduram atrozes
palavras, galhardetes de festa, imortais danças nas que deuses
humanos se dessangram para beber-se a si mesmos e blasfemar-se.
Com as mãos e com os pés está a mãe nas raízes nascidas da
rebelião dos humildes, mansidão estarrecedora rebentando
tambores.
Formosa nas maresias do cabelo já cansado, nos seios
acesos por amores ocultos, ainda a paixão cintilante sob as
gemas do cimento, nos olhares famintos, nos esgotos, nas luzes
dos metais sonhadores
tão só com o poder que floresce das vítimas, estava
ao portão da justiça que se abre à vingança,
estará, continuará estando,
pelos filhos dos filhos dos filhos,
presenciando uma morte: a do filho que a mata.
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas