lucia aldao
a coruña, 1982
Aquí me tes.
Chégoche en taxi (iso é amor)
a plantar a miña tenda de campaña no teu pazo,
a roubarche corazón e cama
na túa casa de múltiples amantes y frágiles cerraduras.
Veño con caixas cheas de paciencia
e con camións cheos de caricias
e buques a rebentar de medo…
e coa seguridade de non ser un máis
porque son unha (uf…)
o cal resulta moi simpático se non temos en conta
que temos tantos problemas coma “tequieros”,
pero eu ámote (iso é amor) a pesares do teu gen rabudo,
porque xa me gustaches sempre
e agora non ía ser menos,
porque aplaudes a miña estructura ósea
e o ángulo que se me forma co nariz e a boca.
Fasme guapísima.
Quérote polo teu corpo e porque atada a ti
aprendo cousas boas de xente libre.
Que contradicción.
- Que facemos, king-kongciña…
non se erguen rañaceos a base de bicos.
***
lucia aldao
coruña, 1982
*****************
1
Habítasme infartos
Levo no envés da máscara a ecografia da nena iniciática,
o nacemento que non presenciaredes porque eu non quero
e terxiversades imaxes
e digo cabreadíssima que aínda non preciso invocar infancia.
Pero levo tanto tempo mentindo
que xa me chaman poeta
e ti aínda te me repites a cada ostia
ou latexo,
tirándome da alma igual que un adverbio de cansancio.
2
Habítasme infartos.
Ocupeime de pechalo todo tan herméticamente
que esquecín exiliarte.
Eramos nictálopes feridos na mesma noite
na que hoxe aspiro,
e noto a carreiras polas veas
todo o ilegal da necesidade obsesiva
(nunca máis non sentir nada)
Preciso quitamedos na memoria,
e non quero repetir a mesma desgracia
porque aínda non son quen de esquecer o corpo dela
morto nos descampados...
Por iso teño tanto medo dos malos
e tiven que aprender a defenderme coa boca.
Non é xusto que se me vexan nenúfares nos ollos,
nin que veña outra violencia facerme chorar en publico
3
Habítasme infartos.
Alucinar era cada perna túa meténdoseme nos ollos,
estancias pervertidas en bibliotecas
facendo cousas entre os libros.
Enches de loucuras botellas secuestradas por compañias telefónicas
e insistes en chamarme filla bastarda de carrol e de Humbert.
Últimamente todo é unha canción para que xoguen as nenas.
Temo violarte ás agachadas reclamando unha vinganza histórica
ou lávame o cerebro que o teño suxo.
E un nome de perdición contido na palabra blasFEMIA
e eu aqui dislocada e vós mirando,
e o que xa non tremeluce:tremsLUCÌA (triste imperativo),
o fondo do bar perde a cabeza por nóas.
Somos lucérnulas.
Un día hannos botar de todos os sitios...
Habítasme infartos
excesos
sobredoses de carencias...
Tanto adverbio en ti: adverbio de cansancio.
***
lucía aldao
coruña, 1982
************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas