Agora ou nunca a escarlatina renxe para que a poidas oír.
Busca con ela o defecto da musa varón
barbeada e fetiche
a concubina
ríscaa.
Logo mánchalle as mans
e que outros lle corten os brazos para que aprenda a vestir
de rameira e cerre as pernas.
O sexo
necesariamente
escríbese
***
gonzalo hermo
*
A Alicia Fernández,
polo soño da perfecta simbiose verde-castaño
“cando ficou o sol compracido
capturei a imaxe borrosa do berce
e vinme medrar paseniño
extasiado
e feble
co miolo do mel na boca
agardando sen medo
a resposta ao porqué
solfexando
o ritmo cadencioso dun zocos vertebrados
no esguío que se erixe
entre o afirmativo e a privación
só
sen recunchos de fel nas lembras
e orfo
e vin a semente da mapoula madurando
virxe e atenta
sen decatarme
de que o cancro da nostalxia
espertaba en cada liña
curva e verde”
***
gonzalo hermo
rianxo, 1987
****************
A estranxeira inventa a utopía, os finísimos dedos de Astarté
ou de como o meu sexo me obrigou a escribir contra o meu proprio sexo
dese deber
falo no poema
e en tanto pido teta pola deusa que morreu
como un meniño cadavérico e doente.
A estranxeiro coloca unha máscara e féreme a man
doe apenas pero a carne xamais cicratiza. Permanece marcando.
Escribe por min.
Por iso o meu poema é só un acto de vinganza. Ningunha <<árvore esquelética>> foi plantada nel
nin nel o pubis de miña Señor recende a crepúsculos de antano e primaveras frolescentes. Crédeme:
só a carraxe motiva a miña escrita. Como à estranxeira a carauta.
Así o meu odio visceral de neno mordido. O meu verso
violento.
Sabede que falo coa certeza de ter sido atado de pernas e brazos.
Ocorreu aquí (no poema); alguén me castrou
agora suxéitame a columna unha vara de medir a terra do inimigo, algo tribal
por suposto ferinte
e salvaxe
o terror de París
parello ao da língua que resiste á diferenza. O do texto
caníbal.
Sabede que algún dá escribirei sobre como os resentidos fomos castrados
em que lugar sucedeu
e canto tempo lles bastou a aqueles que tiveron a ben antecederme
para romperme a boca
***
gonzalo hermo
(a coruña, 1987)
**************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas