desprázome nas noites molladas que
tingues de verde
ao presionarme baixo teus dedos de
papel.
aniquilantes furados na parede,
testemuña silenciosa da niña continua
execución.
afogada en bágoas que se derraman cara
a dentro,
para non darche o pracer de verme
perecer baixo teu.
liñas infinitas de xemidos na
inmensidade dun universo
que me é alleo, sinto tremer a cama nos
teus pes.
cando pechas a porta, os agarismos
transfórmante nunha besta,
que amo, que temo, que me fai perderme
na lámpada que colga do teito.
o único lugar no que non me podes
atopar.
***
eva méndez doroxo
*
emerxo coa virulencia do fenix
dentre a escravitude do teu corpo.
infrinxo as normas para reterte na concavidade
da miña brancura,
a que, ata hai nada, admirabas,
na que, ata onte, dibuxabas as liñas curvas
doutras ninfas.
esnaquizada baixo a tensión dos teus beizos,
arrebato o xemido,
o berro,
a furia desta nova gaiola na que me atesouras.
a luz esbara pola corteza dos meus sentidos,
pérdome, na brétema, dos teus ollos,
e volto, novamente a afondar no lume
dun novo nacemento.
***
eva méndez doroxo
*
reflexo,
unha pel marcada.
caricia,
cinco gramos de sal nas pálpebras.
morte,
percorrido infinito entre nós.
atida, na ouriceira dos pensamentos,
exploro a incongruencia
de cada xesto.
***
eva méndez doroxo
*
imploro que entretecido nos meus fluídos agardes.
que non rexeites as formas incongruentes do meu pensamento,
cando exhausto te despraces polas arañeiras das miñas lembranzas.
díxenche que imploro, pero, máis ben intento, ser novamente a musa
que desexante se despraza polo corredor ambiguo da inconsciencia.
esa que con vaporoso peso, pousa a boca na túa pel infinita,
para espertarte da realidade e acompañarte á espiral inestable dunha
fórmula matemática.
escacho vidros e misturo a grá con pó de soños rotos,
para coser as feridas ninfas,
persoas que esmagadas agonizan baixo a túa epiderme,
sen que te deas conta dos berros que che provocan o escaso
sentimento de dor
que eu percibo, mentres, con felino sixilo escalo a túa anatomia.
prendo nos dentes parte da túa lingua,
que inxenua, pretende, ensinarme as normas do térreo no que, eu
suxiro, invives.
o riso invade as células destes dous corpos
que atónitos xogan a amosarse
innomeables código,
indefinidas caricias,
irreverentes xemidos,
luces escasas dun universo en construción.
xogo a atraparte en cada silencio que sen comprender compartes.
***
eva méndez doroxo
*
pintame as cores da túa vida.
se es invisible aos ollos de todas,
se non podes seguir escribindo dende un
sofá dourada.
tocas un piano, como se for unha vida
que che fuxe.
en caida libre,
cometa de desplazamento incontrolable.
pilotarte quero.
deixar de sentir que non formo parte
de algo.
ser novamente unha cor no arco da vella,
e ao final atoparme,
moedas.
***
eva mendez doroxo
barcelona, 1978
********************
arrossego l'ànima
per la corba alineada
de tots dos.
sorprenc la nit
quan lliscas entre els meus pits,
famolenc, intrépit.
aterrat, el só, s'apaga,
per donar-nos pas,
en la lluita compassada dels silencis.
a tren d'alba,
haig d'escometre
la difícil tasca d'allunyar-me,
inquieta encara,
dels teus pàrvuls llavis,
de la nostre absència.
***
eva mendez doroxo
****************************
avanzo polo mundo espida,
sen remordementos que escondan os peitos,
coas medias no rastro amosando o sentimento.
exivo a miña pel orgullosa,
chea de marcas, chea de terra.
o sangue escorre polas meixelas surcando os cráteres do tempo nelas.
mostro meus membros mutilados por banquetes alleos.
sigo sendo a concubina da morte,
a amante dos desesperados,
o berro das suicidas.
***
eva méndez doroxo
****************************
sigo morta e aínda non morrín,
non fun nacida.
ardo como unha vela no fundo dun
caixón,
esquecida.
pero a forza que me impulsa
queima a madeira deixando meus
cabelos de vella tras o lume.
e así poder existir no mundo dos
imaxinables.
***
eva méndez do roxo
***********************
continuo morta e ainda não morri,
não sou nascida.
ardo como uma vela no fundo de um
caixão,
esquecida.
mas a força que me impele
queima a madeira deixando meus
cabelos de velha atrás do lume.
e assim poder existir no mundo dos
imagináveis.
{trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas