Facer de min a túa lenda
Entender que descansan sobre ti os restos da verdade,
que é fermosa a mentira,
que debo esquecer aqueles sen principio nen fin que nós éramos.
Pero tento regresar a un ataque de auga detida que empeza
[xustamente nos teus ollos
cando adiviñas a beleza do desastre
e é só imaxe.
Sei que a historia non ten nada que ver co sentimento
e é estraño.
Porque ainda así non arrastrará nada que me obrigue a crear
[unha necessidade
ou unha lenda.
E por iso renuncio ao drama.
Quero a miseria da que agarda. A miseria.
***
emma couceiro
cospeito (lugo), 1977
*************************
Estou pensando nelas.
Hai unha explosión de manchas tristes
e pintura sorprendida
que din dor
por máis que a devoción me sae enteira
e mareo o tempo.
Xusto ao redor
do que ía ser o meu corpo deitado,
medraron humidosas encollidas contra a pel.
Nin ésta nin outra máis
como unha dama,
xa só descunchando liñas
na memoria
e daquela tamén coa lingua axeonllada na boca.
Doénme os pés
de manter o equilibrio
e estou sorprendida pensando nelas.
Debe ser que só a voz é verdade
ou só existe realmente este silencio.
Quen pode abrir unha ledicia arrastrada
máis alá do meu corpo deitado,
nen hoxe nen outra máis
como unha dama.
***
Emma Couceiro
(Cospeito- Lugo, 1977)
***********************
Como medraron
comigo
teñen vida propia que afogan máis vivas
e non saben remedios
e anoitecen soas.
Son como outras nenas;
aprendín a xogar con elas
e esquecín os remedios
os seus nomes
cando dicían
nunca.
Tiven sono
e durmín con elas.
Foi unha evocación confusa
de máis e máis pombas
detrás de min.
Custoume noites de tellados
espiando as súas formas,
ocupaban espacio e, cos anos,
medrarían desmesuradas repetindo
nunca.
Agora lembro que tiven medo
e uns berros cansos
que odiaban.
Tamén máis paredes
e días desfigurados nos que aparece a súa voz
debendo historia e figura antiga
aos meus segredos.
***
Emma Couceiro (1977)
Cospeito - Lugo (Galiza)
*********************
Vivimos nunha casa de mentira.
Somos de trapo no seu ventre disecado,
trapecistas
ensaiando un futuro malabar.
Respira e dilata túneles,
cárcere rítmica de paredes e portas
que doe atrevesar como bocas desertas para o silencio.
Paseamos en pixama
tomando notas a todas horas
coas mans cheas de tinta
sen voz.
***
Emma Couceiro (1977)
Cospeito - Lugo (Galiza)
*********************************
Vivemos numa casa de mentira.
Somos de trapos no seu ventre dissecado,
trapezistas
ensaiando um futuro malabarismo.
Respira e dilata túneis,
cárcere rítmico de paredes e portas
que dói atravessar como bocas desertas para o silêncio.
Passeamos em pijama
tomando notas a toda a hora
com as mãos cheias de tinta
sem voz.
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas