Nacín vello de máis
para gozar dos encantos lixeiros
ou para me rebelar pasando á acción
Camiñei ás tombadelas
coma unha xunta de bois enfermos
arrastrando os brazos –maromas deitadas aos lados–
polo chan, incapaz de amarrarme a ningures
Con desleixo rocei os dorsos das mans
contra as arestas das pedras
por ver se sangrando
–non en tal cantidade que me impedise dar o seguinte paso–
conseguía sentir algo distinto
á indiferenza
cósmica
das nubes, que mollándome
nin me miran
***
david rodríguez
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas