Hame dar igual
o lirismo inconcluso que te arrodea
Neste momento
non son mais ca
unha coleccionista de cicatrices
As verbas tropezan coas friestas pechadas
consúmense nun crematório
e todo acaba
como nun incêndio
Nestre intre
xa non procuro mais ca
recoñecerme nos vocábulos
que se albergan no interior dos meus lábios
Absorbo o silencio das palabras
e instálome muda na friúra
na xeada do mês da candeloria
Has de saber
que me restablezo tras os apósitos
ainda que de vagar
Sei que haberá outros invernos
e outonos
Nos que fixar o eterno fonema da nostalxia
dun poema
***
cruz martinez
*
Está no faiado, a carón daquel paraugas azul
O paraguas que figura na escena como unha vella gloria
alí, esvaéce enriba das páxinas
dunha banda deseñada doutro tempo
As pombas aniñam no oco aberto das súas costas
e el fica inerte no sólido chan de formigón
Maxinando que trespasa a fiestra de luz
A solaina aberta cara o norte e olla para algures
na procura da sintonía perdida
da imaxe fendida polo tempo
É inverno e nas lousas da xeada rúa
repta a poalla formando espellos
***
cruz martinez vilas
*
Ela e eu
somos unha muller que fica irresoluta
a carón do negro pano, nun entreacto
Onde burkas psicolóxicos
penduran bolboretas mortas
Apegadas nas lámpadas
dos afumados teitos dun antonte
Parece improbábel que atope unha saída
seica vivo, ou non vivo
mais, permanezo paralizada
coma os paxaros fusionados nos paus da luz
naqueles postes, que circundan as estradas vellas
Arredor do meu embigo coido que
gabean todos los contos e crean labirintos
valados imposíbeis
***
cruz martinez
*
Son unha gata en celo, posúote
Iranse perpetuando, con vehemencia
as miñas pegadas na túa pel
Arrólome, miañando involucrada
nunha melodia que precede á cópula
Como preámbulo bailo sen saia
e agardo
a mutua penetración ao lírico universo
dos abrazos
Son comedora de carne
amante tocada pola antropofaxia
aproxímate
que morro por meterche o dente
***
cruz martinez vilas
armenteira, 1960
*
Quizais esqueceron as avenidas percorridas
ao loongo do tempo
e fican sós, nos escuros corredores do illamento
As secuencias sotérranse nesta necrópole
que habita nos internos ocos da pedra, pedra núa
cando xea, posúe na face agónica a friaxe da morte
onde non parece existir un destino immediato
Semella que parou o tempo
e o son dun Nocturno incorpórase
nas lousas asolagadas das beirarrúas
Hai uns zapatos baldeiros na rúa
e morren sós, desposuídos de identidade
rotos, no abandono
***
cruz martínez vilas
armenteira (galiza), 1960
****************************
Chove, é un día marrón
percíbese unha estraña melancolía
no ar
A mañá semella unha sinfonía ínacabada
balada de outono
interpretada na quietude dul solpor
aparente
Pingas frías baten nas fiestras e xacen nos vidros
nunha perfecta interpretación dramática
O silencio acada temidas sombras
tépedas
e trespasa extensións grises coma nave illada
no inmenso océano
Os ocos das feridas atravesan longas avenidas
dunha cidade que se move ás présas
Os ollos formulan preguntas escuras
as repostas son estatuas mudas
nas prazas dunha evidente noite pecha
Pombas inmersas no seu holocausto
son asainadas por un decreto, seica
necesario
Chove, é un día marrón
Se soubese, faría cos elementos precisos
un blues, adecuado aos gatos que moran
nas inmediacións do inferno
***
Cruz Martínez Vilas - 1960
Armenteira - Galiza
************************************
A percepción do teu corpo
é metricamente
perfecta
Os números de unha aproximación
bastante exacta dos volumes
Quero que aparezas no índice deste libro
de esixencias
cunha man posta no epicentro
Xusto no centro
Espero que frecuentes a proporción inequívoca
do desexo
e informes do punto seguido
que nos concirne
saciando apetitos
trala porta pechada
Recluídos, absolutamente entregados
á paixón
recoñecendo a boca que encaixa
noutra boca
e que inicia o capítulo das escenas
+ QUENTES
***
Cruz Martinez Vilas (1960)
Armenteira - Galiza
*************************************
no róseo lenzo, acastañado
está apreixada na soidade
do xeométrico labirinto
mediata a un negro burato
que se pendura dunhas nubes violáceas
Suca lutuosa a delimitada atmosfera
O ser séntese afectado de acrofobia
e coida que é un cicindélido
a piques de ser exterminado
***
Cruz Martinez
*************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas