Somos froito da cegueira,
semente que procura na noite
raizames para o ollo que latexa
na braña oculta do poema.
Somos sombra que ignora
o camiño que percorre o corpo desafiuzado.
Somos froito da cegueira,
estirpe dos días perdidos,
da nostalxia desandada.
Árbore que medra na memoria do que fomos.
***
baldo ramos
*
unha palabra non abonda
para encher os tinteiros de maio
con rescaldos de noite e metáforas grises.
ese aire non pode atravesar
a voz que alenta neste cuarto baleiro.
ladran os cans
mentres maduran as cereixas doutra perda.
unha ollada non pode calar
o que ven no poema os teus silencios,
nin compracerse na causa que os obriga
a que escriba na noite, ás apalpadas,
estes versos roubados
á memoria de perderte.
***
baldo ramos
*
Para que cantar
o que non precisa da nosa voz.
Para que ocultar o que está á vista,
o que nunca poderiamos chegar a amosar
coa nitidez coa que nos conmove.
Para que desdicirnos do que as cousas nos confían
pola necesidade de impoñernos a elas
cun xesto de desprezo que nos dignifique.
Para que mirar ó fondo
cando ós nosos pés
un solpor de distancias e horizontes
descóbrenos a escuridade do que levamos dentro.
Para que ir máis aló
do que estamos dispostos a camiñar.
***
Baldo Ramos
Celanova, Ourense, 1971)
*******************
Tira versos do poema.
Tira palabras do verso.
Que a palabra signifique
polo que é,
non polo que significa.
E que ser
non sexa
un simple xogo de palabras.
***
Quita versos al poema.
Quita palabras al verso.
Que la palabra signifique
por lo que es,
no por lo que significa.
Y que ser
no sea
un simple juego de palabras.
***
baldo ramos
(celanova, 1971)
****************************
escucha el agua cayendo
sobre las cenizas de esta mañana del mes de octubre.
el gris mezclado con el calor de tus manos
parece más azul,
como si el agua cayese desde la ausencia más remota.
no se diluye la luz en la miel de esta hora.
las abejas de la metáfora aguijonean tus ojos.
el pincel de tus pestañas se ha secado
y ya no hay razón para empezar de nuevo.
***
baldo ramos
(celanova - galiza, 1971)
**********************
Ás veces fáltannos palabras
e ás veces sóbrannos.
Ás veces fáltanos o tempo de dicilas
e ás veces pásanos o tempo de calalas.
Ás veces precisamos o que xa temos
e ás veces desbotamos o alleo como se fora noso.
Ás veces mentimos inxustamente
e ás veces facemos da lei unha verdade fedorenta.
Ás veces temos boca para selar un segredo
e ás veces fáltannos oídos para aceptar a evidencia.
Ás veces un día ten 24 horas
e ás veces unha hora agocha 24 días.
Ás veces dígoche que te quero coa boca soterrada
e ás veces a terra ignora os adverbios que nos afastan.
Ás veces digo que si porque non son eu
e ás veces non son quen de negarcho.
Ás veces a choiva esvara polos meus versos ata dar cos teus ollos
e ás veces as bágoas encoradas na memoria
asulagan as terras ermas do que che escribo.
Ás veces chámote co meu nome
e ás veces contestas dende o silencio que me reclama.
Ás veces es ti mesma
e ás veces non sei quen son se ti me faltas.
***
Baldo Ramos (1971)
Celanova - Ourense (Galiza)
*****************************************
Às vezes faltam-nos palavras
e às vezes sobram-nos.
Às vezes falta-nos o tempo de dizê-las
e às vezes passa-nos o tempo de as calar.
Às vezes precisamos do que já temos
e às vezes desejamos o alheio como se fosse nosso.
Às vezes mentimos injustamente
e às vezes fazemos da lei uma verdade fedorenta.
Às vezes temos boca para selar um segredo
e às vezes faltam-nos ouvidos para aceitar a evidência.
Às vezes um dia tem 24 horas
e às vezes uma hora esconde 24 dias.
Às vezes digo-te que te quero com a boca soterrada
e às vezes a terra ignora os advérbios que nos afastam.
Às vezes digo que sim porque não sou eu
e às vezes não sou ninguém para negá-lo.
Às vezes a chuva resvala pelos meus versos até dar com os teus olhos
e às vezes as lágrimas ancoradas na memória
alagam as terras ermas do que te escrevo.
Às vezes chamo-te com o meu nome
e às vezes respondes a partir do silêncio que me reclama.
Às vezes és tu mesma
e às vezes não sei quem sou se tu me faltas.
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas