agora xa dis dói-dói.
a min, logo de caer no recreo,
botábanme líquidos escuros,
(sempre mestres de bigote).
é por iso que aprendín a berrarpupa
.
e xa ves:
choramos no mesmo idioma.
***
alicia fernandez
*
De botar o mar polos ollos,
que ocorra nunha cidade
onde a orientación desapareza
e os xogos de nena non existan.
Onde as cores verdes estean preto
- uns metros é suficiente .
e as mans de millo apreten as ideas
(ou as tetas)
Onde ti sexas procura.
Onde ti (me) habites.
***
alicia fernandez rodriguez
*
as mans de millo percórrenme
limpas
núas
salgadas,
sempre co movemento en espiral
como as ameixas que levo no pelo.
Se a marea alta non me viola
boto o océano todo polos ollos.
***
alicia fernández rodríguez
(escairón, galiza, 1987)
1
A lúa está case ausente.
Reflíctome en rectángulos,
xa pensas no meu marrón.
É o momento
das froitas exóticas e a choiva
de invernadoiro.
Estes pés violando o chan.
2
Desaparécelle o algodón,
as curvas móllanme o sono
e o convexo da transparencia
cégame no tempo vertical.
Numeriños de mandarina
nesa cor metalizada.
(Eles non entenden invencións).
As primeiras rodas.
“Agárrense”.
Comezo da viaxe.
3
Ábreme a porta dos freos de man,
os futbolistas de mentira,
as saias con vocais pintadas...
Cheira o cemento a escuridade;
os meus beizos no cristal non estoupan,
as mans de papel derraman o cabelo.
Fanme rir as cartas do almorzo.
Verdes imaxinados, na rúa.
Créote perdido e só.
4
Agachada,
(coma min no futuro próximo)
e co neno nos xeonllos, pídeme o tempo;
mastigo a néboa
troco os minutos exactos pola
chegada do branco horizontal.
Dóbrome no granito.
Beizos apagados.
5
Primeira humidade-mínima.
Ás veces esperto así de rápido.
Orientación nula.
-Podemos desorientarnos máis...
Íspese a rúa para nós,
imos na procura de verdes non imaxinados.
O peso invéntase,
as mans son disléxicas.
6
Case todo é estreito.
Non teñen interese agora as letras.
Penéirame así.
Só o cemento espiándonos,
(e algún que outro conductor).
Papilas gustativas mesturándose;
as túas, as miñas...
Ruído de cremalleira.
7
Subida infinita.
Podo tropezar, e mancarme,
e logo tes que levarme ao médico,
e ti vas a estar alí, mirando,
e el vaime poñer un líquido escuro
pero non verde. E non quero.
Eu quero o teu verde ou o da subida.
Cólleme no colo.
***
alicia fernandez rodriguez
************************************
Ou saber que o sal na cidade é necesario.
Que as nosas pálpebras son ondas
E que os pas(e)os violan ao verbo bicar.
Que non temos faros na pel
E que este banco é case o daquel Setembro.
Que hoxe, despois de todo, quérote máis.
***
Alicia Fernandez Rodriguez (1987)
Escairón – Galiza
**********************************
Ou saber que o sal na cidade é necessário.
Que as nossas pálpebras são ondas
E que os pass(ei)os violam o verbo beijar.
Que não temos faróis na pele
E que este banco é quase o daquele Setembro.
Que hoje, depois de tudo, quero-te mais.
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas