(pintura: "Medeia e Jasão" de Bebeth)
Ela conheceu um ser de segurança
vindo do céu
que lhe prometeu o sol
e pronto a fez rainha numa gaiola
dourada de feixes
para viver sem tempestades, sempre em acalma,
mas sucedeu que chegou com sucesso
afinal num dia nublado
e ela voou livre com o vento que não conhece gaiolas.
***
alfonso láuzara
*
Hai baixo as pálpebras de carbón
un mar de amargura diluído nas meniñas
que voan na soidade dun ceo toldado
cara un horizonte incendiado de esperanza
onde o sol prende insolente unha lareira,
lume de áurea nun sorriso que arde,
que lanza en coraxe a súa dentaina de escume,
que brinca incesante de ondaxe en bravura
contra os seres de area que soñan coa lúa chea.
Hai un mar salvaxe de inmensidade plena
que enche mareas crispadas de escume,
avanza imparábel co vento dos tempos
e asalta en cada avance un aturuxo.
Hai un mar que ama, en combate
coa mesma ilusión que no horizonte desafía.
***
alfonso láuzara martínez
*
As luces de baixo consumo suxiren
un dispendio de amor i enerxía.
Leváme contigo a esa fraga encantada
de frondes ramaxes, luces sombras e murmurios
de encontros en cores contrastes
de norte horizonte verde-saído
de intres solpores e amenceres
recibe o día á noite, entra a noite no día,
medra un sol de mazá colorada e doce
no ventre dourado da madrugada,
e deixo pegadas de lúa na pel da terra que treme
e chega, chega por fin o eclipse máxico dos corpos
e unha excitación crepuscular de serpes
estoura, zumega nun derrame total de zumes.
Axiña sae o demo, ese xenio, a tachar o sétimo do ceo.
Quero té roxo nesa danza mutuoteista
de sumo pracer morrer-matando peixe,
e despois de cada té outra volta o amor recunca
pois fica a túa vida sempre coa Marabilla.
Paréceche bonito? - preguntas entón con cella ergueita
de intriga, mentres ceibas soños de fume,
e con resposta galega eu suxiro
que tal se me contas ti como aprendiches
a pescar atún nas rías baixas?
Pecho os ollos nun soño e xa chegan, veñen a min
todas as musas da fraga nesta hora encantada.
***
alfonso láuzara
*
Entro no mar en marexada
coma o gume dunha navalla
e as ondas baten no peito
con fría intención de tirarme.
Non vou cair! Serei eu quen entre
a baterme coa ondaxe!
Un dous tres catro zancadas de estrondosa vertixe
e punto de non retorno na procura do solpor.
De súpeto todo calma.
O corpo dentro, a ialma fóra diluída no mar.
Unha atmosfera de burbullas e areas en suspensión
perturba os sentidos sen solución de equilibre.
Ao final esa lus roiba en pleno fulgor
debaixo das augas. Son feliz! Sou... ((gluc))
***
alfonso láuzara
teis - vigo, 1971
**********************
Aquela noite fría en Compostela de paseo antigo ebriagado e bohemio en que lle deu por tender o corpo como un lenzo pousado en pleno centro da entrañábel praza do Obradoiro de poesía e soños tan só para contemplar ante si a inmensidade dende o corpo de elegancia rendida proxectada con soberbia cara o ceo estrelecido. A xeada sempre escolle as costas para entrar no corpo. Unha figura maxestosa de contornos como unha fermosa ondulación da pedra, en harmonía co ancestral cosmos que procura, negra sombra que do seu asombro se asombra para deixar na lúa a pegada dun soño. Era todo desexo fatal incontíbel en garda en espera Todo era tentación doce a caer en decadencia e deixarse caer xa sen remilgos sobre un corpo ben acaído tan suavemente, como orballo na madrugada, esa fera e depositar aquel bico delicado nos perfilados beizos, procurar con ansia o cosmos cara a cara e remexer estrelas coa lingua ebriagada de lus para a posteridade. A tentación alí estaba na praza. Sen dúbida, a imaxinación no luar desatada. Era un intre de pedra xeada. El suaba a fío. Aquela noite fría, Compostela era un bico na lembranza. Afroxou o nudo da garabata, mais xa era tarde. O dandi penduraba enforcado no devalo.
***
alfonso láuzara
(pintura de Luís Viñas)
Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade.
Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañabel de A Guia.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xoven. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite
que nos quenta.
Maxinacións? Nunca se sabe!
***
alfonso láuzara martínez
(teis - vigo, 1971)
Achei o manancial das verbas fermosas
que ceiba bocaladas de fume acróbata.
Hei apagar eu o botafume
cun bico de zume nos teus beizos de rosa,
beiramar, de groso contorno areoso
mollado de cuspe o milagre da túa boca,
avance nun intre detido de escume
cando todo o míster do mar sen roupa
me chega no verde da túa mirada.
Sabes a pouco, muller moura da pel salgada.
***
Alfonso Láuzara Martínez
*********************************
Nas augas salgadas de Ciés
emerxe o resplendor moreno
a ollada centrífuga
os cabelos longos do enredo;
a brisa fai piruetas
simplesmente por engalanarte
e toda a lus do sol
quer estoupar
nos zafiros que escintilan
baixo as túas pestanas de raíña.
E velai o ventre dourado de chocolate
do meu desexo relambido,
ventre cheo de bicos
bicos salgados e fresquiños
coma as ondas que te acariñam
nesta praia fermosa onde ti,
muller matria de encantos exclusivos,
ainda es un soño para mim.
***
Alfonso Láuzara Martínez (1971)
Teis - Vigo (Galiza)
***************************************
Sonho nas ilhas maravilha
Nas águas salgadas de Cíes
emerge o moreno esplendor
o centrífugo olhar
os longos cabelos do enredo;
a brisa faz piruetas
simplesmente para engalanar-te
e toda a luz do sol
quer estourar
nas safiras que cintilam
sob as tuas pestanas de raínha.
E velai o ventre dourado de chocolate
do meu desejo delambido
ventre cheio de beijos
beijos salgados e fresquinhos
como as ondas que te acarinham
nesta praia fermosa onde tu,
mulher mátria de exclusivos encantos,
és ainda um sonho para mim.
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas