cúmulo de modulacións
entre as tonalidades
dos meus sentimentos.
Ningunha requinta está afinada
ao xeito que quero.
A gaita en re
tocando pechado con ternura
porque a melodía da vida é adversa ás veces.
Dentro de min, pinto a escala cromática das emocións.
A ledicia de terte comigo,
dar a vida polo amor,
o sentimento máis sublime;
a forza interior para seguir en pé,
a desesperación por ter que vivir neste mundo.
tornan en min coa miña sensibilidade inmensa.
Sementarei para vencer o chisco de medo e inseguridade do
porvir
Non son laios,
son rebumbios de notas desordenadas
na partituraonde nos mergullamos
nas foulas
deixando atrás o ronsel.
Fóra! O balbordo das elites.
As melodías das vosas voces de mezzo e barítono
voan no ar.
E rebotan por leis da física
e chegan até o meu corazón,
bulindo despois até a testa teimuda
da xogadora dos 64 escaques.
A paisaxe emocional esvaida no taboleiro
nas regras do xogo, da arte máis complicada.
No mundo que nos queren impor
o son das ondas espontáneas
difiren dos da frauta rectificada.
Cavilo sobre a maré
de lembranzas presentes
de ardentía
alumeandodeste xeito a paixón
dos tempos qu son chegados,
á nosa terra luar
de soños reais de amor.
***
alba méndez
*
A brétema invádenos,
esvaranos continuamente
a catarse do mundo reflectida no cotiá
a caída manca a pel.
A man de obra ferida
e a guerra imperialista:
mestes e corpos esnaquizados.
- Toc, toc!
O terceiro mundo chama. Sangra e o poder non oe.
Por enriba, están o Banco Mundial, o Fondo Monetario
Internacional e as multinacionais.
Occidente é sangrante.
O tempo esgótase!
Os gobernos e as masas inmóbeis tiran o planeta ao lixo.
A renuncia à loita é inaceptábel.
***
alba méndez
*
Vaise a sombra no cuarto escuro
das verbas intimistas
que ti arpexas
para que eu, de preto,
as cante apaixonada.
Esquezámolo loito
dos séculos escuros.
Desaparecerá a brétema
da terra prometida das nosas avoas.
Renace xa a alborada
ao son do rexurdir
da nosa roxa estirpe.
Ornamentemos as nosas vidas
dende a perspectiva de Vista Alegre.
Bebendo de ti,
bebendo de min,
compoñemos a simbiose
do agarimo ao amencer.
***
alba méndez
Cóntame contos vellos de alén mar,
lévame á viaxe
inzada de mañanciñas frescas na túa pel exquisita
para darme folgos en cada combate.
Marmúrame versos onde afirmen que aínda hai un
espertar
unha roxa alborada,
perante a barbarie deste mundo,
un pobo gherrilheiro resistindo fronte o imperialismo,
digo Cuba, digo Palestina, digo Galiza.
Viaxaremos nas brigadas, camarada,
ofrecendo as mans abertas
e o pouco que podemos dar,
o corazón e o noso sangue fervendo.
Alquimista,
condúceme ao túnel
onde hai luz á saída,
á quimera do noso idealismo.
Os puntos de fuga
polos que paga a pena loitar xuntos
vense máis perto,
ainda que estean no infinito.
Choutamos por enriba do infortunio,
valentes,
mentres rola o vento en contra,
sen demoucar bágoas,
para procurar tanxer o firmamento
Coa forza dos puños ergueitos
do noso devir.
***
alba méndez
(moaña, 1985)
********************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas