Bébese o océano aos mortos,
un a un, como negros caramelos de miseria;
baleira no seu estómagoo cal dos ósos
que aínda non foi capaz de roubar a fame,
e a ninguén lle resulta estraña
a súa longa dixestión desmemoriada,
o seu empacho de quenlla caníbal,
o fúnebre obrar do seu intestino
cando devolve á praia
o resíduo máis mudo do silencio.
Quen pechou con chave o horizonte?
Quen teceu a forca das ondas?
Quen empuxou á mar o cayuco ou a patera?
Bébese o océano aos mortos,
os tritura con saña no seu corazón de sal,
os mastiga con dentes de xigante
e os reboza en biles inhumana.
E ninguén di nada.
E ninguén sabe nada.
E ninguén sente nada.
E o peor: Ninguén fai nada.
Bébese o océano aos mortos
e aquí seguimos todos, empeñados
en coser fronteiras de arame,
cavar tumbas sen lápida
e negar o paso á madrugada.
***
fernando luis pérez poza
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas