Unha navalla lenta é o proxecto da identidade.
Unha celebración añil o re-coñecemento.
¿Cómo deixei que todo isto me sobreviñera?
O meu propio soño marchou de min comigo
Non podo permitir que se me malinterprete unha vez máis
¿Por qué me afectas?, ¿por qué me afectas aínda?.
Unha absurda desposesión infranqueable.
Pero que eu estaría ben, que non cumpren coidados xa sabes que total eu
estaría ben, sempre ben, aínda que non se me entendese aínda
que perdese a saúde na miña mocidade.
Eu tamén pensaba que podería controlalo.
¿Por qué me desesperas?, ¿por qué aínda me desesperas?.
Unha poza de notas sostidas,
un reiseñor mecánico é a tarde
¿Cómo tiven a coraxe de asumir a túa estratexia?
***
yolanda castaño
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas