Sobre o teu silencio de madeira de espiño
nevamos coma un augurio as miñas mans e o inverno
O meu amor por ti é un decibelio de prata
Fico sentada no umbral de audición a ver como chega a palabra…
O meu cráter en repouso afuma bosques antigos
transpiro pola pel dun animal extinto
e a mucosa da tristeza cicatriza
en contacto directo coa luz dos órganos e os astros
O meu cráter de epitelio e cinzas
O meu cráter de queratina e granito
O meu amor por ti está feito de paz atómica
O meu pensamento fórmase
mediante un choque térmico contigo
Vou camiño de lonxe
sóbranme os ollos para verte
pero
vou contigo da man sul ponticello
son a máis pequena e aguda da familia
dos instrumentos de corda
pero dille por deus á túa boca ancestral
que me morda
***
olga novo
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas