Abrigaba horas de loito cravadas por todo o corpo,
os espectros da ausencia pintados nos labios agres
e as mans enfermas de carencias.
Todo o esmalte de obsidiana co que eu o imaxinara nas novelas quenon escribirei nunca
e se lle transparentaban os lirios máis escuros
místicos e ocultos e con pétalos mui ásperos.
Pero andaramos buscándonos polas rúas das mesmas noites
e así foi que veu a ser o meu príncipe das tebras,
eu tremendo de impaciencia baixo os queiros da agonía
para choverlle en sangue fresca e aplacar mórbidas fames.
Agora teño a boca destrozada.
Aspiro despacio a noitebra.
E el canta espido e frío para o pleniluinio vidrado de setembro.
Nunca o loito foi tan branco na súa casa ingobernable.
Unha horizontal vivencia de martelos detrás do lánguido alento,
tal como Aleister camiña en raxadas lívidas
cara a nosa obscura amaceñida.
***
yolanda castaño
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas