Poesía para vivir. Non para ser alguén. Poesía para ser. Ser poeta é non ter decidido selo. Escribir é non poder non escribir. Como un acto fisiolóxico. Poesía como ter fame. Natural coma toda secreción. Cántico corporal. Trallazo de algures. Incógnita que se manifesta. Instinto que se resolve. Resolución espasmódica. De dentro cara fóra. Unha memoria que pide canle. Tambor que se toca por dentro da pel. Chuvia que se chove a si mesma. Rotación do caos. Terminacións nervosas do Pracer. Castro da inmensidade. Intelixencia introspectiva. Acto de amor.
Da poesía non pode esperarse nada. A poesía non se estorsiona. Contorsiónase ela. O acto de escritura non se provoca: é el quen provoca. E o que el revela, rebela sempre. Entregáse por nada. Dáse. Déixase comer. Abandóase.
Apátrida. Viva en exilio permanente. En disolución. Desintegrada. Remota no centro do mundo. Central na periferia. Nunca casual e sempre cáustica. Verdade que só aspira a ser verdade. Pobre de pedir. Bestia descomunal. Nena furiosa. Método inductivo. Piollosa. Criminal sincera.
Non se produce poemas: supúranse. Non creo pensamento ó redor da miña propia supuración: non teño autopoética. Nin quero tela. Non sei qué di cando digo. Só percibo escuramente o seu gurgullar impredecible: a miña é talvez non unha autopoética senón unha intrapoética. Escoito a súa ecuación coma unha bomba.
Que ninguén se engane: a poesía é unha ciencia exacta. Chea de goma2 e amor.
***
olga novo
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas