(sobre nenas e mazás)
I
coma nenas lembrando mazás e oráculos, enterrando
tabaco e lume ó pe dun banco, ó pen dun carballo que é
un banco
coma nenas de plastilina falando de ogros e inventando
contos no chan branco onde as setas e as marihuanas
viven unha república de cor verde e vagalumes
coma nenas feridas, que agora son mulleres que son
nenas
coma nenas con corpos picados polos cactus, cos pes de
terra
coma nós
ca memoria nos beizos e a risa na fala
II
aprendo a falar de novo, abraiada descrubro moitas
voces que
me eran descoñecidas e que chegaban a min con cheiro
lila e castañas
pero hoxe fálote a ti:
á das serpes na pel á da mazá no peito
III
esta obriga de medrar por todas partes, con píldoras e
pasta de arroz, con panos na cabeza e os nervos de
agulla
sei que algún día falarán as pedras das nosas teimas
IV
por ser quen eres, porque sí, bícote boneca de mazapán
***
eva cabo
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas