volveu o verán agatuñando a ameixeira, cando o zunido das abellas deixaba esferas de sol e polpa nos meus beizos, bafexaba a canícula de agosto, naquela andia de pólas o vento ficaba, o tempo fitaba lonxano a poucos metros da terra, entre o follaxe e o mel loiro, o voo de bris das abellas aguilloaba o pulso e a lingua, deixaba a picada das mamilas das musas, e nas saborosas celas derretíanse os recaldos do ouro vello no padal, fumegaban inda os incendios forestais da consciencia, o lume fluía polo celme da cera, e na flor do niño de xílgaros prendían as claudias no amarelo, bico a bico os humores do corpo eran do néctar das sedas e os desertos
***
xosé maria vila ribadomar
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas