a chuvia trouxo a violencia consaguínea dos pétalos de camelia, espetando no chan ese refluxo carmesí de sombra no céspede, colleitando un beizo para cada unha dos alxibes do resío e logo, axiña, unha pinga de salaio en cada boca, unha dinastía de soles enferruxados alén dos brazos encarnados, despois ergueuse para soñar máis día e vestiuse para marchar, tiña unha pegadas no seu van que a abrigaban do medo e abriu a porta do cuarto para deixar atrás a luz e o mel pegañento da palabra, sabía que había de volver, e habia de baer máis e, xa, tarde, decatouse de que adiara a roupa interior, tiña moita presa, a presa que dá irse para volver, baixou de vagar cara á estación, sentiu o bruído do tren e pestanexou amodo cuns intres imprecisos cos ollos abotoándoa dentro, cara dentro, e cando subiu ó vagón sentiu frescas a mans da seca, no colo tiña unhas febras de veludo, unhas follas de herba e a dozura cincenta dos papos nas páxinas dun xornal, pasaba pola segunda estación ata que prender no sono, flash dun misto, alampa, unha fotografia, un fotograma gastando os tempos, e o sorriso aquel que apegaba selos no seu corpo, porque el lle había de apuntar inda que a súa pel xa non fose de papel e deixara tódolos sobres abertos no leito co seu aquel.
***
xosé maría vila ribadomar
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas