Saio. A friaxe, aínda que necesaria, rolda o exceso. Se me vise forzado a dar sentido á mi-na vida, pularía por introducirme nalgún lugar ao quenteb e cun recuncho cómodo e silencioso onde pasar a noite. A desgraza sobrevén en sociedades nas que dar sentido á vida resulta unha actividade carente de estímulos. As pretendidas sensacións, non recalan máis aló da peza inferior do pixama, sen roupa interior, un domingo á mañá, ligando para o wrestling feminino na televisión por cable. De verme obrigado a facer unha descrición gráfica do meu estado, optaría por identificarme coa decadencia dos espectáculos de loita, nos que a ficción contrasta coa exaltación de ser, de abandonar a civilización, a paz social, a continencia verbal, a insuficiencia, a indiferenza, a indefensión. O transporte de superfície ten a particularidade de liberar de toda tensión. Un entra axiña, senta ás présas, presionado pola idea dun autobús que comeza a marcha cun forte golpe de embrague.
Os segundos nos que un se ve arrolar polo chan, pasando entre as pernas dos que ficaron sen asento, até onde os límites do vehículo permiten.
Despois, sentir a necesidade de evasión, na que a paisaxe sempre cambiante resulta imprescindible. Aos poucos, as persoas anónimas a pasar, a luz dos focos que iluminan a noite, a distancia coa que se mostra o mundo, van eliminando todo o resto de mal humor, achegando imaxes dunha esperanza utópica que nos devolve á marxe da esquerda, na que o wrestling, como máxima expresión da loita inútil, perde protagonismo. Baixo na mesma parada na que me fixen co transporte. Agardo un naco, mentres o bus arrinca e se perde na distancia. As viaxes, en ausencia dun lugar definido onde ir, proprcionan a perspectiva xusta para renunciar ao deixar de ser que a sociedade nos inculca. E procurar o criterio necesario para que o pixama, sen roupa interior, un domingo á mañá, represente o signo indiscutible dun bo almorzo.
***
alberte momán
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas