I
Mostro interese por unha plácida tortura.
Onde un escándalo que me derrota,
Pero faime algo que sexa moi estético.
Énteme unha agonía que me quenza até a garganta
unha nave de estrugas que facía tanta falla e déixame chorar.
Que xurda e que descarne
apetéceme unha anguria enferma unha miseria enferma unha
mórbida compracencia.
Nunha extensión tan cruda
esta será unha reverencia negra.
II
Para unha miseria gloriosa esta será unha reverencia negra
Práceme unha agonía que sexa moi estética
Lábios que se repregan e que afloran e castigan
e facerche tanto dano mentres digo meu amor.
Onde unha apracible tortura
as túas unllas que me morden e os teus dentes me consumen. Quero
saloucar. E nos días seguintes esta dor permanente
e as marcas das trabadas na carne resentida
coma un poema escupido no corpo, coma beixo tatuado
delicioso sacrifizo a medio rematar.
III
Onde un escándalo que me derrota.
Quero columpiarme nunha hora de loito.
Foi então a noite que descobrín a antiga senda trala colina de Zaman,
chegado cunha apariencia sobrenatural e salvaxe
así cravou na miña carne as súas unllas de tres centímetros de cabeleira
negra negra
Que me corra un arrepío por todas as regandixas,
gardo para ti un santuario de fetiches, quero
pronunciar calquera lúgubre antollo
ubha violencia latente tan tenrísima e violenta
para que chores, meu amor, para que chores un pouco.
IV
Hei de rotular unha letra B no oBscuro da tua persoa.
Si que me apetece que inaugures o meu lado enfermo e
que me salves, meu animal.
Recoñezo unha rexión sinistra nas nosas bárbara chamas.
Respiramos despacio o amargor da noitebra,
todos os bichos da noite lánzanse contra nós,
pero ti, meu animal,
a xente obsérvanos cando imos pola rúa.
se me peinas os cabelos no medio e medio da rúa,
se te botas ós meus pés para anoarme os zapatos
esa será unha reverencia negra negra
e logo as marcas das trabadas como carícias en sangue
delicioso sacrifizo a medio rematar.
V
No amargor da noitebra consumaremos unha negra reverencia.
Vamos a merendar un pan de loito e pónteme medroso,
Pónteme a compadecer
esta hora de cavernas
vén e cómete o meu lado enfermo e crava.
todos os beixos acedamente cicatrizados
Así eu te pido a ti,
imperiosamente, imperativamente.
Debaixo dun diluvio opaco, debaixo,
e armados até os dentes,
agarrándote polo pescozo e como cun vestido de martirios
para que chores, meu amor, para que chores un pouco.
***
yolanda castaño
santiago de compostela, 1977
***************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas