fago casa entre as costelas e templo para cousas sagradas
como esta.
non sei cómo sería se lograse unha voz semellante
a unha flor intacta de cerdeira.
nin se fose capaz de comunicarme a través da fariña
e do bulleiro.
todo me sobrevén coma un disparo.
mei pai decatouse de que eu lavaba toxos para sempre
na médula espinal,
soubo que iria poarir deitada no centeo.
por iso me explicou que había de sentir a primeira espiga
que viran os meus ollos
e que un oubeo profundísimo de loba
lle daría forma a unha placenta.
eu, pai, eu non teño corpo para un campo excesivo de herba
retroñada
nin para o chorro de auga que abres entre as penas.
con qué inflexión de voz podo eu abrir un rego
no medio dun campazo.
cómo vou resistir toda esta lúa
se non sei cómo falar desde o interior dun boi, con qué palabra
vou nomea-la tristeza que lle pesa máis que tódolos teus xugos.
aínda que creas que veño do lugar en que mesturan como alquimia
as cousas que fan medrar dun xeito incrible as túas colleitas.
aínda que saibas que levo a rella do arado incrustada no útero.
pai, a ti todo che sobrevén como a tormenta,
ninguén diria que non tes precisamente o mesmo ton de voz
cás pedras de saraiba
ou ca un fío de auga derretida que ven dos candeóns.
por ti aprendín a turrar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas
e a pousa-la man sobre un torrón para poder acompasa-lo meu
corazón ós seus latexos,
para que non me dea medo a morte se non estás, e nin a noite.
a nosa tumba ten algo de raíz e de rotunda música de vento
e de chuvia que non cesa.
***
olga novo
vilarmao (lugo), 1975
*************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas