todo o día ocupados, manexando
sen arranxar nada que se saiba
pendentes dun fío
aprender a nadar na propia falsidade
esa mascariña obxectiva
do salvapatrias científico
cun marxe de error minúsculo
e entendemento perfecto
traizoados polos músculos
becarios cerebrais e eternos
que importa esta pifia
vivir na inopia
cando se trata de con uñas e dentes
defender a vosa sagrada obra
mentir polo ben alleo
converter á vítima en agresor
sabedes todo
dende o que pensamos
ata o que comemos
estes novos profetas
armados dun libriño en cada man
tratando de topar aínda
o estado utópico
entre a súa urticaria estalinista
pobres salvapatrias
dades por feito
que a vosa existencia
remontase ao inicio dos tempos
que seria do pais sen tales próceres
da lingua, do universo
e da eficacia dos antibióticos
salvapatrias
exentos de escrúpulos
estades empeñados en crer
que só sabedes vos o que quere o pobo
seguide ignorantes
a levarlle brotes de acacia negra
aos vosos ilustres defuntos
coa vosa cabeza chea de loureiros
pois a liberdade é pouca cousa para vos
así se van as cidades e os seres
ditosos confidentes
sodes peor que os porcos
non se vos aproveita a carne
non se vos aproveita o abono
nin para facer lume vale a vosa dialéctica
salvapatrias patéticos
non axudades nin a pasar
o mais debil dos invernos.
***
enrique leirachá
*********************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas