Quarta-feira, 11 de Julho de 2012
metapoesía (II)

 

Con símil e metáfora de emblema,

hipérbole e imaxe de estandarte,

con estas armas veño a convocarte,

Poesía, é dicir, ficción suprema.

 

E un día combater contra o sistema,

outro falar de amor, outro só de arte,

verte nacer espida e agrandarte,

Poesía, é dicir, ficción suprema.

 

Labrarte en verso exacto e ben rimado

ou libre, nunca exento de cadencia,

Poesía, é dicir, suma aparencia.

 

Acharme en ti vencido, ilusionado,

ser opaco e vestir a transparencia,

Poesía, é dicir, suma aparencia.

 

***

 

miro villar

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/01/09/miro-vil

publicado por carlossilva às 12:48
link do post | comentar | favorito

Terça-feira, 10 de Julho de 2012
ollos de pedra

 

(Para Patrice, vagabundo, morto de cancro)

 

De pedra son os ollos que te miran

De pedra a lousa lambida polo orballo,

pola chuvia, polo vento e a xeada.

De pedra ese instante infindo,

cando o mal prendeu nas túas entrañas.

De pedra as olladas que pasan sen mirar.

De pedra as noites ao relente.

De pedra o nó na gorxa, no estómago e nas vísceras,

cando os ollos fríos do doutor anunciaron certeiros

a estrela de cinza que medraba no teu corpo.

De pedra son os ollos cos que agardas,

A chegada dunha outra alborada,

abrindo luz entre as físgoas negras,

dun sol que te deu conforto e acubillo.

De pedra serás para sempre,

da mesma que tantas veces foi leito inxusto e frío.

 

***

 

xavier queipo

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/13/xavier-q

publicado por carlossilva às 19:02
link do post | comentar | favorito

Segunda-feira, 9 de Julho de 2012
a morte dun burócrata


O solpor estrícase sobre o mar
como unha amante despois do amor
mentres os turistas en parellas
se esforzan en conmoverse.
Pensei que aprendera a esquecerte
como aprendín a non crer nos milagres
ou a saber que aínda que o pareza
a muller do cadro non me está mirando.
De que me serviron se non
todos estes anos de luns
que van dar ao domingo
que es el morir, e longas noites
sen sono e sen desexo, se unha tarde
descobres unha vella carta e te preguntas
que tería pasado aínda que saibas
de sobra a resposta. Entón,
decides vir á beira do mar
e es capaz de vencer o medo
mentres pensas nos amores
que non comezaron,
e no entanto doen

 

***

 

alberto lema

 

bamiro (galiza), 1975

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/15/alberto-

publicado por carlossilva às 09:05
link do post | comentar | favorito

Domingo, 8 de Julho de 2012
a esperanza concreta

 

no fogo máis alto, na máis alta

hostilidade, plana o mozo

fiedrich hölderlin, roto

igual que está roto o cadáver

da época, a cinza dos insec-

tos. compón unha figura

que describa o esqueleto, que

non oculte as estruturas do

horror, os asuntos

para os que naceu esta teima,

a confluencia de volcán e metais

e vinganza, douscentos sete anos antes

de que se veña abaixo esta vida

e non haxa máis outra vez

opción á quietude

 

***

 

daniel salgado

 

monterroso (galiza), 1981

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/01/daniel-s

publicado por carlossilva às 08:59
link do post | comentar | favorito

Sábado, 7 de Julho de 2012
poesía erótica

 

Coa intelixencia, agora.
Non coas mans.

A loita ás veces gáñase na mente.

As mulleres escriben.

O poema ten corpo.
O amor non ten medida.

Ninguén falou de amor neste poema.

 

***

 

maría do cebreiro

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/10/maria-do

publicado por carlossilva às 08:54
link do post | comentar | favorito

Sexta-feira, 6 de Julho de 2012
poética

 

A poesía debe mudar despois dos 30.

Versos elusivos coma estoupidos brancos,

profusión de símbolos subterráneos.

 

E ao final o binomio imposible: Beleza,

Intelixencia.

 

Pero algo fallou polo camiño.

No momento de escribir o poema

aflorou a verdade:

todo é cristalino.

 

Non se pode dicir nada

que non sexa entendido.

 

E perseguindo a metáfora

saíron estes versos:

 

Vivo esperando

a redención, e desespero.

 

***

 

manuel darriba

 

sarria (galiza), 1973

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/04/manuel-d

publicado por carlossilva às 08:49
link do post | comentar | favorito

Quinta-feira, 5 de Julho de 2012
nos furados da pedra

 

Nos furados da pedra, nos ollos do peixe, no espertador da mesa de noite.

Cando non estou saen de debaixo do sofá pequeñas lauras

e deambulan pola alfombra coma se fose un centro comercial.

Non tendo onde caer cando están desesperadas cófanse unhas ás outras.

Pelexan, cóspense.

Pouco a pouco tapan o sol, son coma militares disfrazados.

 

***

 

xiana arias rego

 

fonsagrada (galiza), 1983

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/05/24/xiana-ar

publicado por carlossilva às 08:44
link do post | comentar | favorito

Quarta-feira, 4 de Julho de 2012
agora ou nunca a escarlatina renxe para que a poidas oír

 

Agora ou nunca a escarlatina renxe para que a poidas oír.

Busca con ela o defecto da musa varón

barbeada e fetiche

a concubina

 

ríscaa.

 

Logo mánchalle as mans

e que outros lle corten os brazos para que aprenda a vestir

de rameira e cerre as pernas.

 

O sexo

necesariamente

escríbese

 

***

 

gonzalo hermo

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/06/14/gonzalo-

publicado por carlossilva às 08:40
link do post | comentar | favorito

Terça-feira, 3 de Julho de 2012
días en que me seco no centro

 

días en que me seco no centro

e rodas de palabras baixo a campá

e nada detén as palpitacións

que anuncian a caída

nin sequera os ósos amortecen o golpe

o estalido será o contrasinal

para despedirme das cousas inútiles

dos días sen ceo

das promesas

 

neses días recollo anacos de palabras

restos acarunchados

que clasifico por tamaño e rugosidade

como a arqueóloga que me designaches ser

desempoo muros sen inscricións

empeñada en destilar caixiñas infantís

mariquitas decapitadas

tardes de cacharriños

papaventos

 

***

 

dores tembrás

 

bergondiño (galiza), 1979

 

*


lido em: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/14/dores-te

publicado por carlossilva às 15:26
link do post | comentar | favorito

Segunda-feira, 2 de Julho de 2012
mar ingente os hipermercados

 

mar ingente os hipermercados
bocas de fome as embalagens
as luzes que tremem são teus olhos
incapazes de (a)pagar a electricidade



o design do nada nas palmas o silêncio
que fazem no verde código verde?
oficiar avés na ladainha dos preços?



passam de carro as caras aquecidas
não tens lugar para o chôro, resta-te o frio.



dos cartões ninguém se descarta:
contaste 12 visas e masters na carteira
que encontraste sem código.



alguns vizinhos teus do sub
murcham a óptica em direcção à esperança



Tu desligas as tuas luzes.
Talvez não acordes.

 

***

 

aurelino costa

 

*

 


lido em: www.incomunidade.com.

publicado por carlossilva às 01:35
link do post | comentar | favorito

mais sobre mim
agenda
18 de abril 2013 19 de abril 2013
Junho 2013
Dom
Seg
Ter
Qua
Qui
Sex
Sab

1

2
3
4
5
6
7
8

9
14
15

18
19
20
21
22

23
24
25
26
27
28
29

30


posts recentes

fogo e água

pára-me de repente o pens...

si digo mar

infância

trapo de voz representa o...

nana para gatos a punto d...

sou uma coluna crematória

dois poemas

nacín vello de máis

uelen

arquivos

Junho 2013

Maio 2013

Abril 2013

Março 2013

Fevereiro 2013

Janeiro 2013

Dezembro 2012

Novembro 2012

Outubro 2012

Setembro 2012

Agosto 2012

Julho 2012

Junho 2012

Maio 2012

Abril 2012

Março 2012

Fevereiro 2012

Janeiro 2012

Dezembro 2011

Novembro 2011

Outubro 2011

Setembro 2011

Agosto 2011

Julho 2011

Junho 2011

Maio 2011

Abril 2011

Março 2011

Fevereiro 2011

Janeiro 2011

Dezembro 2010

Novembro 2010

Outubro 2010

Setembro 2010

Julho 2010

Junho 2010

Maio 2010

Abril 2010

Março 2010

Fevereiro 2010

Janeiro 2010

Dezembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Julho 2009

Junho 2009

Maio 2009

Abril 2009

Março 2009

Fevereiro 2009

Janeiro 2009

Dezembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

Agosto 2008

Julho 2008

Junho 2008

Maio 2008

Abril 2008

Março 2008

tags

a m pires cabral(4)

adelia prado(5)

adilia lopes(8)

al berto(6)

alba mendez(4)

albano martins(4)

alberte moman(8)

alberto augusto miranda(9)

alexandre teixeira mendes(11)

alfonso lauzara martinez(8)

alice macedo campos(13)

alicia fernandez rodriguez(5)

almada negreiros(4)

amadeu ferreira(8)

ana luísa amaral(6)

ana marques gastao(4)

andre domingues(5)

andreia carvalho(4)

antonio barahona(5)

antonio cabral(5)

antonio gedeao(5)

antonio ramos rosa(7)

anxos romeo(4)

ary dos santos(5)

augusto gil(4)

augusto massi(4)

aurelino costa(11)

baldo ramos(6)

bruno resende(5)

camila vardarac(9)

carlos drummond de andrade(5)

carlos vinagre(13)

cesario verde(4)

concha rousia(4)

cristina nery(5)

cruz martinez(9)

daniel filipe(5)

daniel maia - pinto rodrigues(4)

david mourão-ferreira(6)

elvira riveiro(8)

emma couceiro(4)

estibaliz espinosa(7)

eugenio de andrade(8)

eva mendez doroxo(8)

fatima vale(10)

fernando assis pacheco(4)

fernando pessoa(5)

fiamma hasse pais brandão(5)

florbela espanca(7)

gastão cruz(5)

helder moura pereira(4)

ines lourenço(6)

iolanda aldrei(4)

jaime rocha(5)

joana espain(10)

joaquim pessoa(4)

jorge sousa braga(6)

jose afonso(5)

jose carlos soares(4)

jose gomes ferreira(4)

jose luis peixoto(4)

jose regio(4)

jose tolentino mendonça(4)

jussara salazar(6)

luis de camoes(5)

luisa villalta(4)

luiza neto jorge(4)

maite dono(5)

manolo pipas(6)

manuel alegre(6)

manuel antonio pina(8)

maria alberta meneres(5)

maria do rosario pedreira(5)

maria estela guedes(7)

maria lado(6)

maria teresa horta(5)

marilia miranda lopes(4)

mario cesariny(5)

mia couto(8)

miguel torga(4)

nuno judice(8)

olga novo(17)

pedro ludgero(7)

pedro mexia(5)

pedro tamen(4)

raquel lanseros(9)

roberta tostes daniel(4)

rosa enriquez(6)

rosa martinez vilas(8)

rosalia de castro(6)

rui pires cabral(5)

sophia mello breyner andressen(7)

suzana guimaraens(5)

sylvia beirute(11)

tiago araujo(5)

valter hugo mae(5)

vasco graça moura(6)

virgilio liquito(5)

x. m. vila ribadomar(6)

yolanda castaño(10)

todas as tags

links
pesquisar
 
blogs SAPO
subscrever feeds