Tudo da boca
me sai em borboletas. Vão
pousar
nos versos que deixaste
abertos na estrada. Além
o mar aqui
a neve, os remos resistindo
aos paradoxos. Tudo
me sai pesado
ou tece
agora por seus pés
substantivos.
(a Fiama Hasse Pais Brandão)
***
josé carlos soares
*
Hoxe non sinto nada, asfíxiome
Arrastro o corpo polo duro chan
e non sinto nada, asfíxiome.
Podo arrincar a pel do peito coas unllas,
separar a carne ata deixar as brancas costelas
o descuberto, fendelas, quebralas,
ata tocar coas mans os foles baleiros que son
os meus pulmóns e aínda así asfixiarme
sen remedio!...
abafarme pola negativa pulmonar
de seguir traballando para este ser
tan innobre que son Eu.
***
fernando rodríguez carpizo
vigo, 1984
*
(sobre nenas e mazás)
I
coma nenas lembrando mazás e oráculos, enterrando
tabaco e lume ó pe dun banco, ó pen dun carballo que é
un banco
coma nenas de plastilina falando de ogros e inventando
contos no chan branco onde as setas e as marihuanas
viven unha república de cor verde e vagalumes
coma nenas feridas, que agora son mulleres que son
nenas
coma nenas con corpos picados polos cactus, cos pes de
terra
coma nós
ca memoria nos beizos e a risa na fala
II
aprendo a falar de novo, abraiada descrubro moitas
voces que
me eran descoñecidas e que chegaban a min con cheiro
lila e castañas
pero hoxe fálote a ti:
á das serpes na pel á da mazá no peito
III
esta obriga de medrar por todas partes, con píldoras e
pasta de arroz, con panos na cabeza e os nervos de
agulla
sei que algún día falarán as pedras das nosas teimas
IV
por ser quen eres, porque sí, bícote boneca de mazapán
***
eva cabo
*
Eu se qu estás aí
atrapada na vertixe que íspe ao medo,
corazón de lume que non se avén a vivir sen gaiola,
amazona de fonduras que non existen.
Estás aí.
Entre dunas que fumean soidade
e recordos que conxelan as veas, escoitando trompetas de silencio,
coma se o tempo fose un reloxo parado
e o mundo aínda permanecese quieto
sobre o eixo invisible dunha estada.
Estás aí,
ancorada nunha taquicardia lenta
de ánfora cineraria,
malgastando féretros de angustia
e sepulcros de tristeza,
vendo discorrer a vida
desde o ollo chosco dun ciprés enfermo.
Estás tan dentro do crepúsculo
que todo che parece noite
e as sombras míranche
coa ferruxe cega dunha vella caveira.
É tanta a feira de amargura
que che roe por dentro os ósos
que xa non quedan sotos baleiros,
no interior da medula,
para esconder as penas
e afogar a voz dos espectros.
Pero non penses que sempre será así,
con xeos que atravesan a tarde
e paxaros sen ás que non cantan.
Algún día sairá o sol para tí
coa súa risa bordada de amarelo infinito
e o verso azul dun horizonte novo
prendido no ollal da solapa.
***
fernando luis perez poza
pontevedra, 1958
*
Lázaro Inocêncio do Nascimento,
manobrador de gruas na auto-estrada
transmontana sai do túnel do Marão
para a negra luz do desemprego
e das carências em família. Manobrou
com perícia a cegonha de ferro no céu
da montanha, dialogou com Deus
e com os pássaros sociáveis; olhou
para o fundo de si e concluiu que na terra
ou nas nuvens a vida é sempre abismo
onde a altura é uma questão menor. Hoje
desceu de vez as escalas íngremes,
findou a concessão do troço e do capital,
agora está entregue a si que o mesmo é dizer
ao destino de ninguém. Lázaro
Nascimento diz que com esta descida
à terra morreu um pouco, e assim à terra
descerá definitivamente em tempo certo
sem estranheza de maior . Não carece
pois o Mestre o ressuscitar por mais
que alastre o pranto das irmãs
e os direitos da quadra. Na ferrugem
definitiva dos materiais o sinal perene
de que não vale a pena o esforço
de retirar os panos uma e outra vez.
***
fernando de castro branco
duas igrejas (miranda do douro), 1959
*
Hai un espello no medio dunha habitación
pendurado do leito
cun aramios de espiños.
Hai un cadro en cada parde,
o mesmo cadro en cada parede
xirando
e,
ao mesmo tempo,
mudando as súas cores.
Hai un sofá onde unha muller dorme:
está espida,
está soñando,
movéndose con inquietude.
***
jaime moreda santamaría
ribadavia (ourense), 1973
*
Está no faiado, a carón daquel paraugas azul
O paraguas que figura na escena como unha vella gloria
alí, esvaéce enriba das páxinas
dunha banda deseñada doutro tempo
As pombas aniñam no oco aberto das súas costas
e el fica inerte no sólido chan de formigón
Maxinando que trespasa a fiestra de luz
A solaina aberta cara o norte e olla para algures
na procura da sintonía perdida
da imaxe fendida polo tempo
É inverno e nas lousas da xeada rúa
repta a poalla formando espellos
***
cruz martinez vilas
*
"Volatilizaram-se as
Doidas quimeras,
Estoiram os "confetis".
Restam os despojos, cinzentos,
Com estes, pela velhice, farei deles
O meu vómito, a náusea, o asco
Que tenho pelo sentimento,
Emparedado dentro de mim."
***
virgílio liquito
*
A balea constrúe o seu recinto
no mistério,
tabernáculo seminal
que alumeou as noites do silencio,
a violencia doméstica,
a fame e a conspiración.
A balea proxecta a bóveda dos soños
máis alá da miraxe,
no eco que atesoura a palabra primeira,
a inocencia do verbo,
unha salmodia anterior á luz.
***
francisco x fernández naval
ourense, 1956
*
Impõem os carris
Da noite ao leito da terra
Mas a esses que são o alimento
Das galés eu sigo
Com a minha raiva e as minhas cadeias.
Faço-me a injúria de acreditar
E planto soldados em fila
Rumo ao sol.
Coração ânfora repetida
Regam os teus sonhos com absinto.
Oh meu cavalo dentro das nuvens
Um dia hás-de parar
Sobre o abismo divino
A crina às portas do céu.
***
henrique dória
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas