sinto o esmagar da raiva
clausura em ruínas
corpos inundados de escarpas
ultrajadas mãos na urdidura do gesto
repelem de vergonha as flores do rosto
agora o amor morde em suplício
a ressequida aridez da ternura
impregnada de línguas já mortas
***
josé fontes novas
*
Amplo corazón que te reservas aqueles ocos destinados á rareza-que tan
incólume e vasto sitio de reclamas se edifica no teu cetro-vén-dime por-
que te desbordas-porque esta luz sobre nuestras cabezas que tan bien nos
arrastra...
Calas. Faste grande no delirio: nese abismo espectral que parece domina-
lo todo. Y todo-cómpre aclaralo-es esto que vemos: a actitude criminal
indispensábel alimentada polos idiotas.
Espontánea e libremente-crevado corazón crocante-emites un comunica-
do derivado de ese estado que llamamos comúnmente tristeza- e dis-con
gran pesar-que lamentas o terror de sermos tan felices. De construírmo-
nos por imitación.
As flores de cristal viven nos invernadoiros e invocam ao seu amo-ese dios
de vidrio e diamantes-de violencia de papel e carne fresca. As flores-cora
zón-fanse felices.
Entón-aqurela víscera expansiva e muscular que desbordándose nos emo-cionaba-xa non quere salvarnos: caed-repite-caed y desmoronaos como
piedras. E caemos-pero non importa.
(Esta es la cuestión palpitante en el corazón de los idiotas: non parecer
nunca vítimas do infortunio-que tal deshonra non os alcance.)
***
rosa enríquez
*
así que pasen seis anos
esqueceremos a auga.
Non haberá cabaliños azuis de vidro brillando nas fiestras
nin cancelas oxidadas
nin flores de pétalas amarelas
nin pontes entre os abismos.
A luz do sol será unha
lanterna estúpida
papel-seda de cor verde escurecido
bolboreta de ás de coitelo
na garganta/para non
berrar
os nosos nomes
coa desesperación das baleas que agonizam.
Así que pasen seis anos
xa non saberemos
de nós/mágoa/
nin das follas
estradas nas carballeiras
como cadáveres ríxidos
entre os lenzos/sobre
o leito frío
/abandonados.
Así que pasen
perderemos o senso do Norte
a diagonal dos beixos
toda esa cinsa.
Non quedarán lugares seguros/para escondernos
deste medo e do escuro e da soidade
en ningures.
Nin sequera nos abrazos.
Porque os anos buscaránnos con avidez
para reclamarnos
as horas
que perdimos
intentando atopar
en ollos alleos
a resposta a nós mesmos fóra de nós.
Así que pasen seis anos
preguiza
e desterro
sempre.
Que camiño queda despois de todo isto, dimo ti
/se é que sabes.
***
maría n. soutelo
*
Cada vez que penetramos nun punto negro do mapa
-aspas de sangue agoirando loiros-
imaxino un Los Ángeles sucio
un pobo profundo
un monte cheo de flores bonitas por todas partes
unha ruela allea.
Pero é á miña vida onde pode chegar a realidade
substituír ó medo-este peso impreciso sen libro de instruccións-,
na capital Carapuchiña verterá a súa orquídea profana
ungüento orgánico estremadamente repulsivo
estendéndoo pola cara ata que o agressor fuxa
de noxo
é neste bosque de cemento onde saca a pistola luar das bragas
vestindo despois un fermoso abrigo de pel de lobo
como soña Roald Dahl e sabe a historiA que tamén sucede
malia un tácito silencio de morte.
***
ana cibeira
*
Acharei en ti a alquimia antiga, a cal verquida
sobre as feridas, as teas branquíssimas,
as flores agromadas baixo a neve do inverno,
as rosa derramada, as ofrendas de terra,
os grans profundos, as aves esguías,
os xuncos abalados.
Acharei en ti a frescura da noite,
os lirios escuros, o illó da boca que xorde
coa paixón ennobelada,
o grou das palabras,
as ánforas dos óleos, as plumas fascinantes,
as sandalias, a humidade das furnas (beixos
das brañas), o violeta dos pétalos.
Acharei en ti as gráciles aves,
os cervos vigorosos, as montañas da lúa, a fragancia
das follas, as vibracións das chairas,
os cami´nos ardentes (desfiladeiros
das inguas),
os remuíños nocturnos, os rumores lixeiros
entre as buganvíleas,
os dedos suavísimos, as dalias fermosas.
Acharei en ti este manancial
tan virxe
e tan selvaxe
(o círculo esváese).
***
lucía novas
bueu (pontevedra), 1979
*
Alguma vez se atravessou no varadouro
um pulso em terracota, dedos incriados
na armação de arame por um fio, entre mãos
afeitas ao graniza? Tenham dó. Os sinos
só ressoam no estúdio sitiado e não
há lume aceso pra quem quisesse voltar.
Magnólias sempre alumiadas no tinteiro?
Reconheces um barco, tecido nas cordas?
Maçãs de grés assim assinalado e podre
entre a poalha das avencas e os olhos
«de avelã», com os velos à volta do berço
Ao romper d'alva ides colher o vento para
o incêndio do dia: bate certa, inútil,
a asa do anjo alvejado por engano
***
luís manuel gaspar
lisboa, 1960
*
Nun principio está o café
e os xornais con sangue quente
esvarando entre as palabras.
Logo finxir oito horas e pagar
o aluguer
facendo coma que
un é un bo e respectable cidadán.
a por fin, ao final de todo
tratarase de durmir
ou ver pornografia na TV
no plus ou telecinco
e agardar que mañá sexa
a fin do mundo ou sábado.
***
miguel alonso fernández
*
Onde estás porta perdida
da miña infancia? pantasma esquiva.
Limiar escuro que aferrollou, tras de si, o alborexar da miña vida.
Estarás nun profundo curruncho,
esquecida, chea de tristura?
nun recanto da miña momoria,
alí estará prendido o fío
que eu vou desgastando, pouco
a pouco, a pura forza de tirar.
Presa tras dunha porta de ferro,
de tan vella, oxidada e atascada,
bloqueada fai anos polo derrube
polo que asoma o fío que testemuña
que existiu e que xa esquecín,
quen sabe como, onde, nin cando.
Onde estás porta perdida da miña infancia? Tenra e inocente.
Limiar escuro que aferrollou,
tras de si, toda a miña vida.
***
xoán'ma rial rodríguez
*
As luces de baixo consumo suxiren
un dispendio de amor i enerxía.
Leváme contigo a esa fraga encantada
de frondes ramaxes, luces sombras e murmurios
de encontros en cores contrastes
de norte horizonte verde-saído
de intres solpores e amenceres
recibe o día á noite, entra a noite no día,
medra un sol de mazá colorada e doce
no ventre dourado da madrugada,
e deixo pegadas de lúa na pel da terra que treme
e chega, chega por fin o eclipse máxico dos corpos
e unha excitación crepuscular de serpes
estoura, zumega nun derrame total de zumes.
Axiña sae o demo, ese xenio, a tachar o sétimo do ceo.
Quero té roxo nesa danza mutuoteista
de sumo pracer morrer-matando peixe,
e despois de cada té outra volta o amor recunca
pois fica a túa vida sempre coa Marabilla.
Paréceche bonito? - preguntas entón con cella ergueita
de intriga, mentres ceibas soños de fume,
e con resposta galega eu suxiro
que tal se me contas ti como aprendiches
a pescar atún nas rías baixas?
Pecho os ollos nun soño e xa chegan, veñen a min
todas as musas da fraga nesta hora encantada.
***
alfonso láuzara
*
imploro que entretecido nos meus fluídos agardes.
que non rexeites as formas incongruentes do meu pensamento,
cando exhausto te despraces polas arañeiras das miñas lembranzas.
díxenche que imploro, pero, máis ben intento, ser novamente a musa
que desexante se despraza polo corredor ambiguo da inconsciencia.
esa que con vaporoso peso, pousa a boca na túa pel infinita,
para espertarte da realidade e acompañarte á espiral inestable dunha
fórmula matemática.
escacho vidros e misturo a grá con pó de soños rotos,
para coser as feridas ninfas,
persoas que esmagadas agonizan baixo a túa epiderme,
sen que te deas conta dos berros que che provocan o escaso
sentimento de dor
que eu percibo, mentres, con felino sixilo escalo a túa anatomia.
prendo nos dentes parte da túa lingua,
que inxenua, pretende, ensinarme as normas do térreo no que, eu
suxiro, invives.
o riso invade as células destes dous corpos
que atónitos xogan a amosarse
innomeables código,
indefinidas caricias,
irreverentes xemidos,
luces escasas dun universo en construción.
xogo a atraparte en cada silencio que sen comprender compartes.
***
eva méndez doroxo
*
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas