...TE-LOS ollos distantes
decorados de rostos xoviaes
...que os vellos mariñeiros
permutaron polos climas antípodas
...Levas no leme
un pulo de brazos tensos
que retorceron os largacíos
horizontes do mar
...O vento
..............atortorando
...desfollou dos velamios
outonos de mocedades
...Mercabas colares circunmeridiáns
nos bazares de estrelas
...Amarrabas faros dispersos
co simblador calabrote do ronsel
...Floreceches no mar
primaveiras amargas
de foulas e escamallos
...Inda que o vento encalme
tremela nas túas velas
unha rafega de transmigracións
...Nese teu corazón innumerábel
...tamén enchen e devalan
as mareas do meu corazón.
***
Manuel Antonio (1900-1930)
Rianxo - Galiza
******************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas