Aquela noite fría en Compostela de paseo antigo ebriagado e bohemio en que lle deu por tender o corpo como un lenzo pousado en pleno centro da entrañábel praza do Obradoiro de poesía e soños tan só para contemplar ante si a inmensidade dende o corpo de elegancia rendida proxectada con soberbia cara o ceo estrelecido. A xeada sempre escolle as costas para entrar no corpo. Unha figura maxestosa de contornos como unha fermosa ondulación da pedra, en harmonía co ancestral cosmos que procura, negra sombra que do seu asombro se asombra para deixar na lúa a pegada dun soño. Era todo desexo fatal incontíbel en garda en espera Todo era tentación doce a caer en decadencia e deixarse caer xa sen remilgos sobre un corpo ben acaído tan suavemente, como orballo na madrugada, esa fera e depositar aquel bico delicado nos perfilados beizos, procurar con ansia o cosmos cara a cara e remexer estrelas coa lingua ebriagada de lus para a posteridade. A tentación alí estaba na praza. Sen dúbida, a imaxinación no luar desatada. Era un intre de pedra xeada. El suaba a fío. Aquela noite fría, Compostela era un bico na lembranza. Afroxou o nudo da garabata, mais xa era tarde. O dandi penduraba enforcado no devalo.
***
alfonso láuzara
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas