Dentro da noite invademe este mar
co seu lene recendo a maruxia.
Dentro da noite, á beira do mar alborozado
por esta lua chea que se espella no mar.
O mar é coma un leito de escuma interminable.
O mar. E sempre o mar me asulaga.
Este mar que me invade de fóra e máis de dentro.
O silencio semella unha lua minguante.
O mar espella a luz curva da madrugada.
A erba é morna, está seca esta noite.
Sinto un saibo salgado na saliva
que me enche dunha sede interminable
o mesmo ca este mar que espella a madrugada.
O silencio do mar escintilea.
Camiño innumerable que eu faría
nunha dorna sen velas, sen remos nen timón.
***
Darío Xohán Cabana (1952)
Roás (Terra Cha de Lugo) - Galiza
********************************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas