Báilasme dentro
tartaruga
paso a paso
e fágome devota
do suicidio dos conceptos
Reescríbome en Antía
coas trenzas de punta
para que as amarres
e non sofras en picado
a caida do equilibrista
a que doe coma o silencio
onde digo todo e nada sobra
A palabra non falada
sempre media entre as esquinas
na traxectoria que percorres
con ollos de animal para o meu goce
no impacto asasino da vergoña
que convida a tocarnos sobre o asfalto
nos quilómetros argolados da autopista
Porque te analizo
coa metodoloxía da comentarista
búscoche os significados plano a plano
en cada prego fílmico
na alta iconicidade que che esixo
cando emanas intelixencia
e sei que podes darma
Clóname en cada segundo
pero non describas o meu corpo
coa sutileza dos verbos
Escribilos é a miña única pertenza
a que gardo na despensa do ventre
para alimentarme recluida nesta torre
na necesidade de entenderme
Se non o fas otórgoche a cambio
as trenzas que me nacen como ideas
as miñas roscas de masa feitas cabelo
as poucas que manteño en pé
como espiñas e reliquias nunha bolsa
no plástico que me adelgaza ate a anorexia
Porque hoxe non sei moito de case nada
pésame a cabeza en centos de fotogramas
e a túa fragmentación contínua
presénciase nas imaxes que elexín
para montar as horas
no tempo que engrosa a silueta da cidade gorda
A nosa cidade gorda
Aquela da que gustamos
porque nos obriga a camiñar cos brazos en alto
en paralelo áereo mirando ao ceo
salvando o choque dos avións coas cumes de graxa
Pola cidade gorda deseñamos intensidades
novas formas verbais que lanzarnos coa mirada
risos acartonados como papel de envolver
cos que despistarnos
para entreter o encontro
A nosa necesidade
habita no disimulo por atopar as chamadas (*)
aquelas que agochamos nos silencios
que sementamos
(*) coma notas a pé de páxina
Antía Otero
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas