Sexta-feira, 25 de Janeiro de 2013
bosques de cuspe

 

a polpa dos bosques anegados sempre é aceda, logo será orballo e cuspe, embaza os muros das fiestras, estona a noite dos espellos acáticos, somerxe os sentidos antes de botar con xustiza as bolsas no lixo, inda quedaron mazás para hoxe, encarnadas nas fazulas apegadas por dentro do cristal, fiquei fóra sen chave, à intemperie, miúdo

 

***

 

x. m. vila ribadomar

 

*


lido em: Fotogramática

publicado por carlossilva às 10:18
link do post | comentar | favorito
|

Quarta-feira, 18 de Janeiro de 2012
o zunido da seda

 

volveu o verán agatuñando a ameixeira, cando o zunido das abellas deixaba esferas de sol e polpa nos meus beizos, bafexaba a canícula de agosto, naquela andia de pólas o vento ficaba, o tempo fitaba lonxano a poucos metros da terra, entre o follaxe e o mel loiro, o voo de bris das abellas aguilloaba o pulso e a lingua, deixaba a picada das mamilas das musas, e nas saborosas celas derretíanse os recaldos do ouro vello no padal, fumegaban inda os incendios forestais da consciencia, o lume fluía polo celme da cera, e na flor do niño de xílgaros prendían as claudias no amarelo, bico a bico os humores do corpo eran do néctar das sedas e os desertos

 

***

 

xosé maria vila ribadomar

 

*


lido em: fotogramatica

publicado por carlossilva às 01:51
link do post | comentar | favorito
|

Domingo, 23 de Outubro de 2011
abrecartas

 

a chuvia trouxo a violencia consaguínea dos pétalos de camelia, espetando no chan ese refluxo carmesí de sombra no céspede, colleitando un beizo para cada unha dos alxibes do resío e logo, axiña, unha pinga de salaio en cada boca, unha dinastía de soles enferruxados alén dos brazos encarnados, despois ergueuse para soñar máis día  e vestiuse para marchar, tiña unha pegadas no seu van que a abrigaban do medo e abriu a porta do cuarto para deixar atrás a luz e o mel pegañento da palabra, sabía que había de volver, e habia de baer máis e, xa, tarde, decatouse de que adiara a roupa interior, tiña moita presa, a presa que dá irse para volver, baixou de vagar cara á estación, sentiu o bruído do tren e pestanexou amodo cuns intres imprecisos cos ollos abotoándoa dentro, cara dentro, e cando subiu ó vagón sentiu frescas a mans da seca, no colo tiña unhas febras de veludo, unhas follas de herba e a dozura cincenta dos papos nas páxinas dun xornal, pasaba pola segunda estación ata que prender no sono, flash dun misto, alampa, unha fotografia, un fotograma gastando os tempos, e o sorriso aquel que apegaba selos no seu corpo, porque el lle había de apuntar inda que a súa pel xa non fose de papel e deixara tódolos sobres abertos no leito co seu aquel.

 

***

 

xosé maría vila ribadomar

 

*


lido em: fotogramática

publicado por carlossilva às 17:55
link do post | comentar | favorito
|

Quinta-feira, 21 de Julho de 2011
o ronsel de lucy

 

Despois do mimetismo, acordei
nun animismo anímico
o tiro de graza
as tres grazas dos tiros,
a ruleta, a roulotte, o azar do día,
a froita achada no verán
os gomos do xugo,
salivación, esmagamento,
fregas na noite prístina, o principio das
as augas minerais, as capas freáticas
descubertas, femia. Solimán, deidades das
dedas, exvoto de …, apostada nos xeonllos
reza por min, coa boca chea,
oración e comuñón,
a ferradura da amazona,
o inferno do pan, as farangullas do pole,
os xogos florais
a flora vaxinal
a rosa universal, a vixilia,
a nave do tesouro púbico,
rubís de cuspe despois dun punch
because the night, because the night,
o goberno, as células mortas, a obsolescencia e a
adolescencia, as neurotoxinas, os resentidos,
os sensentidos, desmentidos, as eivas nas lembranzas,
a memoria impredicible, un erro
tras outro, errar, de vagar, cuspida, igual,
despido masivo, despedida, adeus,
arrédase de min, arrédome das balas
co sangue mesto
coa carne de éter e
de bater,
unha xornada de soliloquio,
de loanza, rancor, fogo
no sexo, resisto, resistencias
as correntes do amencer
as correntes dos golfos,
a República invade
o anticiclón das Illas,
o arquipélago, a orografía,
o corpo das musas a corpo.
o corpus de pétalas,
rescaldos, recendos
por San Xoán
nos procesos, na febre,
os chamados, os debates sobre o ser, as lerias na sala
de estar, logo... na cociña
menú de marmelo, peitos nutricios
de gozo, de louza,
ata os hemisferios, a vulva,
mapa político,
a división de Eire,
materia gris, borralla, antimateria
pensamentos. Stream consciousness.
Unha canción materna
unha canción de nodriza. O sono
e a patria do mesmo xeito,
e un pitecátropo para Lucy.

Preguntome se anda inda Rotko
ás portas do bosque
dos crimes?
Que se vaia xa!


Olla! Abaixo, alguén chama! O meu corazón bate na porta. Logo
praza, agora, a praza do sintagma,
a protesta da turba, combustible dos pobres,
acubillo, turbillón, mulleres en loita,
amosando documentos, identidade,
estranxeiras, gardadas, segredos,
discreción(disparos), confesión,
ronsel, resistencia ó lume, irresistibles,
coloña de himnos, cartaz,
a verea longa cara dentro, humores,
noite pecha.
Paracelso, nacionalidade
complexa, sen complexos no plexo solar,
sen novidade na fronte do Ebro,
ardentía das nacións indias,
a volta ó rego, a verea longa do xenocidio
a xenética dos salaios, o xénese, os libros de contas
os números, os nomes, o noumeno, non saber que dicir
escribir logo, escribir e pintar
nas cavernas, nos baños das gasolineiras,
palimpsesto on the road, a sexualidade
nos turismos, a velocidade limitada
nas autoestradas, a peaxe sentimental,
a beatificación da risa, e os accidentes
de tráfico nas flores das farolas.
As salas decimonónicas, lenzos,
caloriña para homeless,
os descastados das mellores tribos, sofás,
os oleos da Gallery
santos oleos, aceite de balea, a manteiga derradeiro tango,
unción, punción.
Domingo, señor, o estigma das escrituras, as fontes
da escrita, o círculo polar,
o circo, os colosos atlánticos, aureolas, pupilas
rotación vermelloalaranxada,
diademas encarnadas sen himen,
sufís, místicas,
as escravas circasianas
os circuitos, a circulación,
o rego sanguíneo, o sangue a regos, a vinganza
circunvalación, circuncisión, as achegas
do coito e os coitados ó cristianismo,
a caza da raposa dacabalo,
as receitas da sobremesa
as receitas do cobrecama
o interiorismo
as paredes de papel
o corazón de papel dos poetas rusos,
o almibre das relacións, o botulismo
dos pexegos nas meixelas, o corpo, o ser humano
o sentimentos xenealóxicos,
o sufraxio sentimental, as mensaxes de móbil
as declaracións de intencións, os dereitos civis, os membros,
os mastros, os fungueiros.
Amigo, caro amigo, Saúl, estou moi só no monte

 

***


x.m. vila ribadomar

 

*


lido em: http://partimonio.blogspot.com/

publicado por carlossilva às 17:05
link do post | comentar | favorito
|

Sexta-feira, 3 de Setembro de 2010
deitou palabras na miña boca

abriu tódalas billas da casa agás a do xardín, na parte interior dos seus brazos ofreceume unha ablución de area e nacre, chimpouse con dúbidas naquel mar de ceo, entre o voo e a coquetería da nadadora, nunca chegou ó chan, collina entre os dedos e os dentes coa ollada dun cometa de pavos reais, meteu as mans no meu peito para esfolarme o aire e o ventrículo esquerdo, ancorada pola risa chegueille ata os cóbados e cun tremor nos beizos deitou palabras na miña boca, néctar de voz e o laio ávrego

 

 

***

 

x. m. vila ribadomar


lido em: http://arditura.blogspot.com/2010/07/deitou-palabras-na-mina

publicado por carlossilva às 11:53
link do post | comentar | favorito
|

Domingo, 14 de Março de 2010
a casa da presa

 

Atopei nun arredor de auga crúa

unha muralla de pedra allea

unha escola de mundo contra as nove

estáballe saíndo o medo entre os dentes a un neno

e unha feira de recendos de mazás

carrexaba pingas dunha guitarra monocorde e

estreita. Aprendín a facer cousas novas coas mans

e facíaseme tarde esquecelo, cando sentaba nas últimas

cadeiras coma unha sombra de máis de corenta graos

de cera e témpera, coma historia de Ícaro

e outras capitais de oriente, o conto da arbore

a medrar e da casa da presa e de todos os que chegaron lonxe

tan lonxe que xa non os vexo, e ando así a todo a luzmiar

nos cadros pendurados das arelas

nos ollos pendurados da arañeira, cun tremelo

de grilos e liñas descontinuas.  E logo xoguei na eira

ó fútbol dos herbívoros, e de cando en vez mastigaba

flores recen pintadas e bolos de leite dun peso

e deixábame de lerias, viña sendo maio

e guerra na ortodoncia dun sorriso.

 

***


x. m. vila ribadomar
 

lido em: http://arditura.blogspot.com/2010/02/casa-da-presa.html

publicado por carlossilva às 16:30
link do post | comentar | favorito
|

mais sobre mim
agenda
18 de abril 2013 19 de abril 2013
Junho 2013
Dom
Seg
Ter
Qua
Qui
Sex
Sab

1

2
3
4
5
6
7
8

9
14
15

18
19
20
21
22

23
24
25
26
27
28
29

30


posts recentes

bosques de cuspe

o zunido da seda

abrecartas

o ronsel de lucy

deitou palabras na miña b...

a casa da presa

arquivos

Junho 2013

Maio 2013

Abril 2013

Março 2013

Fevereiro 2013

Janeiro 2013

Dezembro 2012

Novembro 2012

Outubro 2012

Setembro 2012

Agosto 2012

Julho 2012

Junho 2012

Maio 2012

Abril 2012

Março 2012

Fevereiro 2012

Janeiro 2012

Dezembro 2011

Novembro 2011

Outubro 2011

Setembro 2011

Agosto 2011

Julho 2011

Junho 2011

Maio 2011

Abril 2011

Março 2011

Fevereiro 2011

Janeiro 2011

Dezembro 2010

Novembro 2010

Outubro 2010

Setembro 2010

Julho 2010

Junho 2010

Maio 2010

Abril 2010

Março 2010

Fevereiro 2010

Janeiro 2010

Dezembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Julho 2009

Junho 2009

Maio 2009

Abril 2009

Março 2009

Fevereiro 2009

Janeiro 2009

Dezembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

Agosto 2008

Julho 2008

Junho 2008

Maio 2008

Abril 2008

Março 2008

tags

a m pires cabral(4)

adelia prado(5)

adilia lopes(8)

al berto(6)

alba mendez(4)

albano martins(4)

alberte moman(8)

alberto augusto miranda(9)

alexandre teixeira mendes(11)

alfonso lauzara martinez(8)

alice macedo campos(13)

alicia fernandez rodriguez(5)

almada negreiros(4)

amadeu ferreira(8)

ana luísa amaral(6)

ana marques gastao(4)

andre domingues(5)

andreia carvalho(4)

antonio barahona(5)

antonio cabral(5)

antonio gedeao(5)

antonio ramos rosa(7)

anxos romeo(4)

ary dos santos(5)

augusto gil(4)

augusto massi(4)

aurelino costa(11)

baldo ramos(6)

bruno resende(5)

camila vardarac(9)

carlos drummond de andrade(5)

carlos vinagre(13)

cesario verde(4)

concha rousia(4)

cristina nery(5)

cruz martinez(9)

daniel filipe(5)

daniel maia - pinto rodrigues(4)

david mourão-ferreira(6)

elvira riveiro(8)

emma couceiro(4)

estibaliz espinosa(7)

eugenio de andrade(8)

eva mendez doroxo(8)

fatima vale(10)

fernando assis pacheco(4)

fernando pessoa(5)

fiamma hasse pais brandão(5)

florbela espanca(7)

gastão cruz(5)

helder moura pereira(4)

ines lourenço(6)

iolanda aldrei(4)

jaime rocha(5)

joana espain(10)

joaquim pessoa(4)

jorge sousa braga(6)

jose afonso(5)

jose carlos soares(4)

jose gomes ferreira(4)

jose luis peixoto(4)

jose regio(4)

jose tolentino mendonça(4)

jussara salazar(6)

luis de camoes(5)

luisa villalta(4)

luiza neto jorge(4)

maite dono(5)

manolo pipas(6)

manuel alegre(6)

manuel antonio pina(8)

maria alberta meneres(5)

maria do rosario pedreira(5)

maria estela guedes(7)

maria lado(6)

maria teresa horta(5)

marilia miranda lopes(4)

mario cesariny(5)

mia couto(8)

miguel torga(4)

nuno judice(8)

olga novo(17)

pedro ludgero(7)

pedro mexia(5)

pedro tamen(4)

raquel lanseros(9)

roberta tostes daniel(4)

rosa enriquez(6)

rosa martinez vilas(8)

rosalia de castro(6)

rui pires cabral(5)

sophia mello breyner andressen(7)

suzana guimaraens(5)

sylvia beirute(11)

tiago araujo(5)

valter hugo mae(5)

vasco graça moura(6)

virgilio liquito(5)

x. m. vila ribadomar(6)

yolanda castaño(10)

todas as tags

links
leitores
pesquisar
 
visitas
Free counter and web stats
blogs SAPO
subscrever feeds