Coma unha aixola en pradairos lisos
quero labrar no verso ata perde-lo tino,
con tempo e forza encaixa-la palabra
e marrando a cada pouco enche-lo peito
coa familiar calor dun mango de buxo.
Adiviñar tecendo os pasos de Penélope
polos cons inzados de arneirón e fío,
e xa que a luz e as sensacións permiten
aganchar polo recordo, tronzar toradas
de silencio certas tardes de chumbo e medo.
Por ferros fríos nin fóra nin corpo adentro
non quero chamar, tan só compartillar sequera
estas eixadas petadas nas ferreiras zafras,
mentres vou pousando, escuma, liña, estachos,
envolto nun longo cobertor con cheiro a mares.
***
Luís Tosar (1952)
Buenos Aires - Argentina
**********************************
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas