(homenaxe a Inês de Castro)
e de repente, créote
Por detrás desta pantalla de linguaxe simples, parpadexas
plano inclinado á esquerda, rotación
E tan fermosa que eres, Inês, con qué grandes ollos binarios me miras
Que busto perfecto. Unha brisa deliciosa lambe os teus cabelos coma unha madame [experta en compracerte
ángulo contrapicado, 45 graos dende a dereita
As olleiras familirízante coa Morte. Fanche esvelta, desgraciada, interrogante. Inútil
O teu colo é matéria de tronos. Un pulso lánguido sobe rubor ao teu rostro de liño
Enfermaches de beleza. Quen te acoitelou sentiu s medidas perfectas que mataba
degradado de colores: cian, malva, rosado...
Non te moves. Reinas no submundo e iso
abonda.
Aenas es unha cabeza.Baixo os ollos e o teu corpo de grisalla
non ocupa máis que as miñas mans delineando coordenadas
nariz a ollo, 33. Nariz a boca, 15.
Luz cenital. Cinza e nácar, sorrís. Carbono 14 para os teus dentes. A pel cae feita encaixe. [ Es morbosa, sideral
augusta
viva
Hei reprimir as ganas de morder a túa boca que se curva tan paseniño
e seda
para falarme...
Mátame
***
estibaliz espinosa
*
gústanche os xogos de imáns, palabra irmá de diamante,
gústanche as faces nas pedras
as pirámides e os prismas e a visión da mosca
gústache o que dá voltas arredor dun eixe fixo
un sistema
e cando todo así
sobre todo gústache o que vén de non se sabe
e desimanta o punto fixo
e desacorda e desprisma
e desaparece
e non tivo nome nin lugar
nin traxectoria
***
estíbaliz espinoza
*
Inclinada hacia
aún así
asombrosamente fuerte
Es su figura la que hace evolucionar la tela
desde los restos hallados en un armario
hacia la nueva nebulosa
de una Colcha
Es esa colcha quien gravita
- nieve y sangre
antropología de algodón
sutura entre el hielo
celacanto o abismo
comedia que de tan dolida
fractal geometría -
sobre cuanto nunca mamá nos dijimos.
***
estíbaliz espinosa
*
de todos os meus poemas inéditos
este é o meu preferido
este, que non di nada,
que se aproxima á estupidez
cando ti o les
eu sento no trono máis leve do mundo
estamos unidos por un chisco de herba
por unha manchiña de papel
estamos unidos por un capricho na sucesión do tempo
porque ti non viviches antes ca min
eu podo dicilo
unidos como a palavra lazaward e a palabra azul
como a vítima ao seu verdugo
algo tan tenue entre os dous
que nin sequera sei se existe
o meu inédito preferido
nin volverei falar do tema
***
estibaliz espinosa
coruña, 1974
*****************
Comería a túa alma
coma quen come un ovo
doce
novo
perfecto microcosmos no seu óvalo de nacre.
Pinga d’ouro
mandorla
comería a túa alma sen casca
a túa alma sen culleres
sen caducidade.
Eterno almorzo da nenez de aldea.
Sen saber e sen querer saber
as nigromancias da tersura
qué escuro demo agocha
nin milagreiro sabor
sen chegar a adiviñar sequera
qué foi antes:
a túa alma
ou a galiña.
***
estibaliz espinoza
a coruña, 1974
**********************
PÚLSAME o peito e
abráiate de presenciar o desconxelamento estelar máis grande
éntrame na espiral do corpo
víveme o útero.
Aliméntame de grandes espacios pois coido
que sen eles con mido ben a estatura do home
e preciso do cosmos para entender
un silencio que vénme xeneticamente imbuido
Tócame as costas
e aparta
porque as azas de aceiro poden trabarche o
espírito.
E as gaiolas que lenemente pervirto
admiten o monstro animal
e a dentamia de arames.
Non me parece mal o hibridismo.
Así que ás veces
ramifícome en feras.
Escoita o meu canto.
Agarda
á miña voz sobrevoar a torre.
Non hai mitos que suporten fortificacións tales.
Do meu embigo xurdiu o mundo.
Peitéome na atmófera.
Climas arrastro nas xemas dixitais
e edifico altura
potencia
bestialidade
Días sen comer por verte.
Preparado o sobreagudo
na miña gorxa de prata.
***
Estíbaliz Espinosa
(A Coruña, 1974)
***********************
non sigas lendo. isto é unha trampa.
non vou dicirche que faría canto quixeras
e estamos incriminados nela, ti e máis eu
non vou dicirche que quizais non
e debes seguirme punto por punto ata o final
non vou dicirche que enterrei todas as palabras
estás atrapado agora, e a vida váiselle a este poema
poderás empezalo unha e mil veces e mil e unha veces acabará da mesma forma
estamos só os dous e ti fasme sentir que todo isto é certo
pero se non é certo, por qué segues aquí
por qué segues
a piques de caer nesta trampa indivisa
na vida que se lle vai a este poema, secamente
faría canto quixeras
quizais non
enterrei todas as palabras
quédanme estas para che dicir que quero
aprender
o teu rostro
de memoria
***
Estíbaliz Espinosa (1974)
Coruña - Galiza
*******************************
não continues lendo. isto é uma armadilha
não vou dizer-te que faria quanto quisesses
e estamos implicados nela, tu e eu
não te vou a dizer que talvez não
e deves seguir-me ponto por ponto até ao fim
não vou dizer-te que enterrei todas as palavras
estás apanhado agora e a vida se vai a este poema
poderás começá-lo uma e mil vezes e mil e uma vezes acabará da mesma forma
estamos só os dois e tu fazes-me sentir que tudo isto é certo
mas se não é certo, por que continuas aquí
por que continuas
a ponto de cair nesta armadilha indivisa
na vida que se vai a este poema, secamente
faria quanto quisesses
se calhar não
enterrei todas as palavras
restam-me estas para dizer-te que quero
aprender
teu rosto
de memória
[trad: cas]
adelia prado(5)
adilia lopes(8)
al berto(6)
alba mendez(4)
anxos romeo(4)
augusto gil(4)
aurelino costa(11)
baldo ramos(6)
carlos vinagre(13)
daniel maia - pinto rodrigues(4)
fatima vale(10)
gastão cruz(5)
jaime rocha(5)
joana espain(10)
jose afonso(5)
jose regio(4)
maite dono(5)
manolo pipas(6)
maria lado(6)
mia couto(8)
miguel torga(4)
nuno judice(8)
olga novo(17)
pedro mexia(5)
pedro tamen(4)
sophia mello breyner andressen(7)
sylvia beirute(11)
tiago araujo(5)
yolanda castaño(10)
leitores amigos
leituras minhas
leituras interrompidas